29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

130

¿Pódese falar dunha

corresponsabilidade da escola e da

sociedade, en xeral, na aparición deste

fenómeno?.

— Desde logo, en canto que a sociedade

non transmite valores e mensaxes

positivos con claridade, que identifiquen

sen lugar a dúbidas cales son os

comportamentos desexables e cales os

reprobables. Pola súa parte, a escola debe

recuperar o seu prestixio e posición como

institución e tamén o prestixio dos seus

profesionais como expertos que son en

educación, reformulando e potenciando o

traballo cos pais de cara a conseguir

pautas consensuadas.

Sempre é mellor prever que logo tratar

de remediar. ¿Que se pode facer nas

familias para prever estas condutas?

— Atender o proceso de maduración física,

psíquica e social dos individuos con pautas

educativas que dean resposta a cada

persoa, adaptadas ás súas características

particulares. Cada individuo ten un carácter

distinto e o proceso de interacción, primeiro

o familiar e máis tarde o escolar e social,

ten que maduralo, reforzando os aspectos

máis positivos e canalizando os máis

conflitivos e problemáticos para el e para o

seu medio.

Neste proceso hai que combinar seguridade

e liberdade co establecemento de límites

razoados e razoables, pero firmes e

coherentes, en forma de demoras no logro

das demandas, na contención das condutas

cando actúa inapropiadamente contra o

contorno e os outros e na corrección

afectuosa da expresión emocional, sen

ceder a caprichos e perrenchas. Todo isto

con actitudes serenas e firmes, pero sen

abusos e con afecto, tanto na casa coma no

colexio. Nunca se insistirá suficientemente

que a educación dos nenos é tarefa e

responsabilidade dos adultos: familias,

institución educativas e contorno social.

Xa que logo, a escola tamén ten o seu

papel na prevención de

comportamentos deste tipo. ¿É así?

— A escola é unha institución básica de

aprendizaxe e de adquisición das

competencias imprescindibles para

proseguir e aumentar o coñecemento e

para educar na convivencia e respecto aos

outros e á sociedade. Por delegación

institucionalizada, son subrogados

parentais, polo tanto, no seu ámbito deben

continuar ou modular a educación familiar

ao mesmo tempo que a enriquecen co

proceso de socialización e de aprendizaxe.

Para iso dispoñen dun longo período,

os 10 anos de escolarización obrigatoria.

Cómpre a revitalización das funcións

educadoras da comunidade educativa,

porque transcenden o individual e

contribúen a mellorar o marco do

desenvolvemento persoal; a institución é

partícipe e corresponsable da boa marcha

do proceso educativo da nosa mocidade.

O apoio na representación que ten dos pais,

a función subrogada da familia e da

sociedade á cal representa, é fundamental.

Son moi diversas as actuacións preventivas:

a existencia dunha función directiva que

coordine proxectos educativos coherentes

e vertebrados ao longo de toda a

escolaridade, na cal exista un contínuum na

resposta ás necesidades madurativas e aos

problemas dos rapaces; a función titorial de

supervisión e relación cos titores naturais

dos nenos e de apoio e coordinación co

profesorado; a función clave do profesorado

e da súa relación profesorado-alumnadofamilias,

que, como no caso da relación

médico-enfermo no ámbito sanitario, ten

que ser o piar básico do proceso educativo.

Os profesores e profesoras deben ser

referentes adultos exemplarizantes para os

novos, e interlocutores expertos e aliados

das nais e dos pais na tarefa educativa.

É preciso, ao meu modo de ver, potenciar

expresamente o traballo cos pais na escola

non só en relación cos problemas das

nenas e nenos, senón preventivamente,

para establecer esa alianza e compromiso

de traballo previo e periódico que faga que,

se aparece un problema con algún

pequeno, este se analice no contexto dunha

relación xa establecida, fóra da tensión do

conflito, que moitas veces se podería

albiscar previamente e preverse.

Cómpre establecer unha relación de axuda e

asesoramento dos profesionais da educación

no difícil proceso educativo que intentan

levar a cabo as familias. Neste contexto, a

entrevista ten unha relevancia fundamental

como instrumento para conciliar o cometido

das dúas partes, o mesmo que o é na

consulta cos médicos e pediatras.

¿Algunha medida concreta que se

podería poñer en marcha por parte

das familias, da escola, da sociedade…?

— En relación co que acabamos de

comentar, algún exemplo pode ser a

realización de programas de sensibilización

sobre a importancia deste fenómeno,

a información e formación desde o ámbito

educativo co apoio das comunidades

educativas, as anpas e dos consellos

escolares municipais e utilizar distintos

soportes, incluídos os medios de

comunicación social e as personalidades

de prestixio; neste sentido, programas de

televisión de tipo educativo (o modelo de

supernany podería servir de referencia con

adaptacións e en franxas horarias

axeitadas). Tamén os programas de pautas

de crianza de nenos sans en colaboración

con Sanidade e Servizos Sociais.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!