29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

108

elaboración de pan de millo, confección

de cestas, fabricación de tellas,

elaboración de encaixe de palillos,

elaboración de xabón, elaboración de

receitas tradicionais,...

Todas as estratexias anteriores dan vida á

planificación de actividades participativas

de carácter didáctico dentro das aulas en

que as familias se implican, comprometen

e autoforman no labor educativo das fillas e

os fillos. Apuntar tamén que pouco a pouco

se está a producir un proceso de

sensibilización que dará os seus froitos

sobre todo se existe un recoñecemento

a nivel institucional e de instancias

superiores. Esta experiencia serve para

rachar inercias nos centros educativos

e para mellorar resultados en canto

á calidade educativa.

O calendario de actividades comezará

no mes de setembro con actividades

formativas para o profesorado e as familias

por separado cada semana

e simultanearanse con actividades

participativas dentro das aulas a partir do

mes de outubro. As actividades e reunións

de traballo realizaranse semanalmente

e existirán grupos de traballo para

a elaboración de accións participativas,

obradoiros nas aulas. Ademais,

desenvólvense sesións formativas

conxuntas mensualmente.

Paralelamente a esta planificación

deseñaranse actividades de formación fóra

do horario escolar (unha vez ao mes)

abarcando diferentes temáticas:

comprensión do funcionamento do centro

escolar, currículo, metodoloxía, alimentación

e saúde, entre outros coa implicación de

axentes externos ao centro como: pediatra,

enfermeiras, dentistas, asistentes sociais,...

A principio de curso e a principio de cada

mes deseñaranse diferentes obradoiros de

actividades e recunchos titorizados

conxuntamente polas familias e os

docentes. Antes da posta en marcha destes

obradoiros ou recunchos realizaremos

sesións de formación coas familias para

o coñecemento do material, das funcións

que se pretenden con el, o tipo de

capacidade que desenvolve e determínase

a rotación polos diferentes obradoiros ou

recunchos ademais da función de cada

familia neles. A medida que se implementen

este tipo de actividades pedagóxicas

dentro da aula coas familias, serán as

familias as que propoñan posibles

obradoiros ou novos obradoiros.

Exemplo destas actividades serán:

— Obradoiro de lecto-escritura: dominós

de letras, trazo de letras, son de cada

fonema, contos sobre letras,...

— Obradoiro de lóxica-matemática:

bloques, regretas, dominós,...

— Obradoiro de contos: contacontos,

lectura de imaxes, creación de

monicreques, creación de personaxes

manipulativos, gravación en vídeo para

montaxes de vídeo-clips de contos ou

historias, contos viaxeiros,...

— Obradoiro de construción de xoguetes

ou material didáctico con materiais

de reciclaxe e reutilizando materiais

de refugallo.

— Obradoiro de recuperación de

tradicións con avoas e avós.

— Obradoiro da convivencia e paz

para coñecemento doutras culturas:

tradicións, vestiario,

alimentación, construcións,

arquitectura, escultura, pintura,...

— Obradoiro de cociña: galega,

marroquí, portuguesa.

— Actividades de educación para a paz

e dereitos do neno.

— Obradoiro de igualdade

— Obradoiro de atención á diversidade.

— Obradoiro de TIC

Estas actividades desenvolveranse nas

aulas das 9 ás 10 horas da mañá ou ben

das 13 ás 14 horas, dependendo da

preferencia das familias e dispoñibilidade.

Nalgunhas aulas incluso existirá a

posibilidade das dúas franxas horarias ou

calquera outra decidida conxuntamente

polas familias e o profesorado.

Dentro das actuacións formativas

realízanse sesións para o profesorado,

sesións para as familias e sesións de

formación conxuntas.

Algunha das temáticas que se traballan

no plan de formación familiar a través

de grupos de traballo e de estudo e

investigación son:

— Problemas de conduta

— Alimentación e saúde

— Documentos institucionais:

funcionalidade

— Orientación

Dentro das accións formativas conxuntas

profesorado e familias trabállanse as

seguintes temáticas:

— Organización de centro

e acción titorial

— Funcións e tipos de familias

— Psicoloxía evolutiva e atención

á diversidade

— Educación en valores

— Alfabetización creativa nas TIC

As actividades son estruturadas a través

de programas e apoiadas nas seguintes

técnicas metodolóxicas:

— Autoformación en pequenos

grupos con material achegado

polo centro ou polas familias ou

asesores externos.

— Formación por expertos

en gran grupo.

— Formación a través de equipos

de investigación.

— Equipos de discusión

e formación dirixida.

— Equipos rápidos.

— Foros.

— Entrevistas públicas.

— Comisións.

— Role-playing.

Todas as técnicas mencionadas

promoven aprendizaxes cooperativas e

por descubrimento, aprender a aprender,

busca de obxectivos comúns,

participación, implicación, asunción

de compromisos, confianza,

coñecemento, diálogo, comunicación

e solucións únicas.

Para a realización da avaliación dos

diferentes programas e o grao de

formación participativa e satisfacción dos

participantes deseñaranse entrevistas,

cuestionarios e rexistros.

A temporalización será decidida polos

membros pero nunca menos de dúas

sesións mensuais.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!