29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Docentes galegos no exterior

Rosario Belda

Datos profesionais identificativos:

Rosario Belda, asesora de formación

Posto que ten no exterior:

mestra de educación infantil

¿Canto tempo leva vostede no exterior?

Este é o meu segundo ano.

O curso 2006/07 estiven en Rabat

e este curso estou en Andorra.

¿Como foi o proceso selectivo

(refírome a atrancos da convocatoria)?

Os profesores no exterior poden estar por un

período de adscrición (de 2 a 6 anos) tras

pasar o exame ou ben estar en comisión de

servizos para cubrir as prazas que quedan

desertas tras a convocatoria. Dende hai

dous anos faise público o xeito de cubrir

estas prazas o que clarifica a situación.

Tamén hai bastantes profesores interinos.

¿Canto tempo lle levou o seu proceso

de adaptación ao país e á escola?

A adaptación ao centro é como se fose en

España, porque na práctica son iguais, con

certas peculiaridades. O ano pasado custoume

un certo tempo, pero non por ser no exterior,

senón porque eu viña dun período de dez anos

como asesora. Se son sincera debo dicir que ía

cun certo temor de me enfrontar aos rapaces.

Recordo que os primeiros días programaba todo

con tanta minuciosidade como cando un entra

por primeira vez na escola. Tiña medo de non ter

respostas para as diferentes situacións. Tiven

que ler e poñerme ao día de cousas prácticas:

contos, cancións, xogos da linguaxe, outros

xogos, estrutura horaria, etc.…, pero pasado un

tempo as ideas e recordos da miña profesión

—mestra— comezaron a ocupar o seu espazo

no meu persoal disco duro e comecei a ter

recursos e estratexias para resolver calquera

dúbida ou problema da práctica diaria da

aula. Este curso, coa rodadura do precedente,

non tiven ningún problema de adaptación ao

centro e ao meu grupo de alumnos.

A adaptación ao país, iso xa é outra cousa.

Aquí en Andorra ningún problema coa

adaptación (o único en todo caso é a carestía

da vida e os alugamentos). Iso represéntaseme

como unha prolongación de España e

curiosamente para nós os galegos resulta

chocante poder facer uso do noso idioma con

frecuencia debido ao grandísimo número de

inmigrantes portugueses. Marrocos é

diferente, a adaptación ao país faise pronto

se un ten interese, pero a integración non,

para min foi imposible. Aínda que, con todo,

habería que aclarar o termo integración.

¿Como é o seu traballo diario

na escola onde está?

A situación das escolas españolas en Andorra

difire un tanto das do resto de países. Neste

país Francia e España fixéronse cargo da

educación creando e mantendo escolas, hai

uns anos o goberno de Andorra creou as súas

propias institucións e formou os seus

docentes. De forma que hai tres sistemas

diferentes nun país tan pequeno. Nalgunhas

das escolas españolas a poboación vai en

diminución por diferentes causas. Isto explica

que eu teña na clase de educación infantil de

5 anos tan só 10 alumnos. Conto coa

colaboración a tempo total dunha axudante

que paga o goberno de Andorra (isto para

todas as aulas de infantil dos tres sistemas

educativos) Así que dez alumnos, unha

axudante na aula, bastante material, ningún

obstáculo arquitectónico, ordenador e

internet na propia aula… é un luxo de

traballo. Realmente estou moi contenta de

poder traballar nestas condicións.

¿Como é o seu alumnado?

(refírome a características xerais:

nacionalidade, clase social, NEE, ensino

bilingüe, actividades extraescolares?

Tamén isto é totalmente diferente de

Marrocos. Dos dez alumnos só unha non é

filla de portugueses. Todos os demais usan

o portugués como lingua familiar, pero

practicamente todos se expresan moi ben

en castelán (este é o seu terceiro ano de

permanencia no centro). Os pais e as nais

dos rapaces traballan todos nun ou varios

postos de traballo, de tipo: policía, camareira,

limpadora, mozo de gasolineira, etc. Ademais

dende os catro anos reciben catro horas

semanais de catalán, que tamén usan con

bastante fluidez. Debido á carga horaria das

familias é habitual que os rapaces coman no

comedor escolar e usen un servizo que para

min foi en certo modo novo: unha gardería

que os recolle polas mañás e os leva á escola

e os recolle polas tardes e mantén ata que

chegan as familias. Arredor da escola hai dúas

ou tres. No centro hai algunhas actividades

extraescolares, non demasiadas porque este

tempo é cuberto polas garderías e pola oferta

abundante neste senso do goberno andorrano.

¿Ten algunha dificultade engadida

no seu labor diario polo feito de ser

vostede profesora?

Nin en Marrocos nin aquí tiven dificultades

por ser eu mestra.

¿Que tipo de valores están presentes na

sociedade do país onde vostede está e

que educación en valores se lles inculca

aos nenos e nenas desde as familias

e as escolas?

En Marrocos cheguei a percibir unha gran

preocupación pola educación. Facían sentir

aos fillos a importancia de estudar nun centro

como o colexio español, coas posibilidades de

estudos superiores en España e Europa. Iso

sentín que era moi motivante en xeral. Alí as

familias eran de clase acomodada e os

valores de coidado polo medio e por aspectos

cotiáns non eran inculcados porque sempre

hai alguén que os fai por eles. Era algo

importante que se traballaba na escola.

Aínda non estou capacitada para falar deste

aspecto aquí, aínda non coñezo moito,

pero dende logo os rapaces deben observar

o grande esforzo que fan os seus pais.

Recomenda esta experiencia profesional

e vital ao profesorado galego

(gustaríame que responderas si ou non,

e sobre todo, por que)

Esta experiencia é totalmente recomendable,

sempre que as persoas que optan a ela

sexan abertas e dispostas ao pequeno

inconveniente que supón un cambio de

vivenda, de amigos, de vida… Para min foi

un interese dende sempre e na miña vida

haberá un antes e un despois de Rabat.

105

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!