29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Docentes galegos no exterior

Rosa López Boullón

Datos profesionais identificativos

Rosa López Boullón, catedrática de inglés

de ensino secundario, destinada no IES

de Cacheiras (Teo), licenciada en filoloxía

xermánica, MA. En TEFL (Universidade de

Reading). Membro fundador

e ex-presidenta de APIGA (Asociación de

Profesores de Inglés de Galicia).

Ex-asesora de linguas estranxeiras

do CeFoRe da Coruña.

Posto docente no exterior

Asesora técnica: 1994-96 en Washington,

1997-98 en Reino Unido; 1998-2003

en Irlanda

¿Canto tempo leva vostede

no exterior?

Dous anos en Washington (EE.UU.)

e seis entre Reino Unido e Irlanda.

¿Como foi o proceso selectivo?

Nas dúas ocasións fun por medio dunha

convocatoria pública feita no BOE polo

MEC. No caso de EE.UU., por quedar de

substituta nas listas de candidatos

seleccionados, fun por un ano en comisión

de servizos, tempo que logo se ampliou a

dous anos por non se facer convocatoria de

asesores para o curso 1995-96.

Díganos algo sobre o proceso

de adaptación ao país

Posiblemente por ser a primeira vez que

ocupaba un posto no exterior e por ser un

país no que non estivera anteriormente,

a adaptación a Estados Unidos foi un pouco

máis difícil e longa. Pero o segundo ano xa

estaba perfectamente afeita ao posto e un

pouco máis ao país.

¿Como era o seu traballo diario?

O día a día dun posto de traballo de

asesoría é moi variado e depende do

contexto: cando estiven en Washington

traballaba na oficina central da Consellería

de Educación igual que en Londres. Iso vai

acompañado dunha infraestrutura de apoio

“in situ” da que carecen as asesorías

illadas, como era o caso de Dublín:

a asesora era a auxiliar administrativa,

a conserxe, a asesora, de cando en vez

agregada de educación e representante

do conselleiro ou embaixador…

En calquera caso, a experiencia

é enormemente enriquecedora.

¿Con que profesionais traballou?

Con docentes, profesorado de español

como lingua estranxeira dos diferentes

niveis educativos, con autoridades

educativas, responsables de formación de

profesorado e de programas educativos.

Tamén tiven a sorte de traballar con

prestixiosos investigadores do mundo da

lingüística aplicada e da aprendizaxe de

linguas segundas. En Washington asistín a

algunha das reunións do Centre for Applied

Linguistics e do Nacional Foreign Language

Centre, nas cales estaban presentes

persoas de recoñecido prestixio

internacional. E, por suposto, non faltou o

contacto co alumnado dos diferentes niveis

educativos: estudantes realizando cursos

de posgrao equivalentes ao CAP (cun grupo

destes alumnos, na universidade Trinity

Collage de Dublín traballei como formadora

de CLIL), alumnado de licenciatura de

linguas modernas, futuros mestres

de ensino primario, estudantes de ensino

secundario (algún deles candidatos

a participar na Ruta Quetzal), rapazas e

rapaces de educación infantil, co seu

primeiro contacto coa lingua estranxeira

(o español), no caso de EEUU,

en programas de inmersión cos que tiven a

sorte de estar en contacto constante os

dous anos que traballei en Estados Unidos.

O abano era tan amplo que nalgún

momento incluíu a reunión con algún

ministro de Educación.

¿Tivo vostede algunha dificultade

engadida polo feito de ser profesora?

O profesorado ten a gran sorte de que

como ninguén o prepara “a priori” para a

función docente, en moitos casos

desenvolven ou adquiren estratexias de

adecuación e adaptación ao medio que son

moi útiles ao longo da vida. Pero, ás veces,

a longa permanencia nas aulas tamén

nos limita a certas rutinas que, ás veces,

nos poden limitar.

¿Recomenda esta experiencia

profesional?

Para min foi altamente enriquecedora.

Pode ser un traballo esgotador ás veces:

incontable número de horas, presión…

Pero coñecer outros países coa súa

realidade social, cultural e política, e, para

profesionais docentes, poderse familiarizar

con outras formas de ensino, outros

sistemas educativos, é recomendable.

103

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!