29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha experiencia coeducativa:

aprender xogando

en igualdade

Gustavo M. Quindimil Gómez

Director da Escola Infantil Santa María de Oza

A) FUNDAMENTACIÓN

As e os profesionais da Escola Infantil Santa

María de Oza da Coruña levamos xa tempo

reflexionando sobre temas de igualdade no

ámbito educativo, tendo moi claro o noso

compromiso coa acción coeducativa:

reflexionamos sobre o noso xeito de falar

cando nos diriximos a nenas, a nenos, ou a

todo o grupo en conxunto, cando facemos

selección de xoguetes, cando organizamos

espazos (recantos e obradoiros), dedicando

logo tempo á observación do alumnado en

diferentes situacións de xogo, observando

como se comporta cada unha e cada un

nos diferentes xogos.

Comprometidas/os cunha escola non

sexista, sabemos ademais que a base da

aprendizaxe nestas idades é o xogo, xa que

xogando é como realmente nenos e nenas

aprenden. Polo tanto, propuxémonos

a posibilidade de traballar a convivencia en

igualdade a través do xogo.

Por outra banda, consideramos necesario

lograr a complicidade das familias dado que a

escola, aínda que importante, é só unha parte

da educación das nenas e dos nenos; son as

familias o primeiro motor educativo e a

colaboración familiar debe ser neste ámbito

se cabe maior que a requirida noutros.

Aínda coas diferentes políticas de igualdade

que se están a promover no noso país, a

nosa opinión é que as familias non son

conscientes en moitos casos da importancia

que pode ter desde idades temperás unha

educación baseada en valores de

igualdade, de non discriminación de sexos,

unha educación (e non só desde a escola

senón que xa empece nas familias) que

desbote calquera tipo de prexuízo sexista,

coidando os xoguetes e os xogos que se

propoñen ás nenas e aos nenos para

axudar a rematar coa ditadura de xénero.

Por isto, e logo destas reflexións,

queriamos chegar ás familias dun xeito

moi directo, diferente das titorías e das

reunións colectivas, dun xeito participativo

e motivador.

Así, o equipo educativo deste centro

reúnese e debate sobre a posibilidade de

que a temática dun centro de interese deste

curso sexa a igualdade, e sobre a

necesidade de traballar dun xeito que fose

significativo para o alumnado, e quizais

máis que nunca, para as familias,

convidándoas á reflexión sobre a

discriminación que aínda hoxe impera na

sociedade, e a contribuír a que nenas e

nenos se sintan iguais, non diferentes pola

pertenza a un sexo ou a outro. O ambiente

lúdico-festivo que proporciona o Entroido

pareceunos o máis axeitado para o

desenvolvemento desta experiencia.

B) DESENVOLVEMENTO

DA EXPERIENCIA

1. O traballo comezou no mes de

decembro, data que se elixiu dun xeito

intencionado, por estar próxima unha

época de compra de regalos e xoguetes.

Así, a primeira actividade consistiu na

petición ás familias de que nos mandasen á

escola os diferentes catálogos de xoguetes

que chegasen ás súas mans. Logo de

recibilos fixemos unha análise crítica dos

seus contidos, subliñando os estereotipos

sexistas, os elementos bélicos e elaboramos

unha guía con pautas para a compra de

xoguetes, insistindo ás familias que non

caesen no consumismo destas datas.

2. A principios de febreiro, un mes antes de

celebrar a festa do Entroido, comezou o

desenvolvemento da programación de

aula que tiñamos elaborada. O persoal

educador encargouse en primeiro lugar

das seguintes actividades:

– Invención dun conto (1) que serviría de

introdución do tema nas aulas e que

representaría un grupo de nais e pais o

día da festa.

– Invención dunha canción (2)

relacionada co tema como elemento

motivador para as nenas e os nenos e

que sería cantada para rematar a festa

por toda a comunidade educativa.

111

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!