29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

96

Consumir con ética,

elixir futuro

Alejandro Salcedo Aznal

Xefe do Servizo de Promoción

e Protección dos consumidores.

Junta de Castilla-La Mancha

Os cambios producidos na sociedade de

consumo durante estes últimos anos e,

en especial, os relativos á globalización e a

crecente brecha que se abre entre os grupos

de produtores e de consumidores obrigan a

levar a cabo unha reformulación das

condicións en que se vén manexando o

mercado de bens e servizos convencionalmente

así como dos axentes que nel operan.

Para os consumidores a opción que se nos

presenta non permite outra resposta que non

sexa a do compromiso social da

corresponsabilidade a través dun consumo

responsable. É dicir, manifestar a nosa

condición cidadá en cada unha das decisións

de compra que facemos día a día e intervir

nos procesos de transformación para inferir

un mundo máis xusto e solidario.

Dotar os nosos actos de consumidores e

usuarios dun valor ético implica distanciarse

de criterios exclusivamente económicos para

incorporar outros de carácter marcadamente

social. Unha reflexión ao respecto non só nos

levará a comprender a transcendencia do papel

que xogamos (nunca antes os consumidores

tiveran a capacidade de influencia que as novas

tecnoloxías da información e a comunicación

lles proveen), senón tamén a asunción persoal

de que o noso consumo vai máis alá da

satisfacción de necesidades individuais

inmediatas para se converter nun impulso

crecente de consecuencias transpersoais.

Esta concepción holística comporta a

concienciación de todos e cada un dos

cidadáns xa que esa achega que facemos,

lonxe de resultar insignificante e quedar a

expensas dos grandes movementos, resulta

decisiva á hora de establecer reequilibrios

de forzas conseguidos mediante as accións

de persuasión/disuasión que acompañan as

decisións de compra dos consumidores. En

definitiva, a suma das partes supera ao todo.

Por todo isto, o consumo débese orientar cara

á colectividade e non cara ao individuo para

sustentarse sobre as bases da igualdade, a

solidariedade e a sustentabilidade e desde aí

obrar como un elemento de integración social

que contribúa a incrementar a calidade de

vida, que garanta a conservación do ambiente,

que estenda o acervo cultural dos pobos, que

non condicione a liberdade das decisións de

compra nin o futuro económico das familias,

que comporte unha redistribución da riqueza e

garanta os servizos e subministracións básicos

para vivir de maneira digna, que se solidarice

cos colectivos máis vulnerables e que coopere

no desenvolvemento das comunidades de

produtores dos países máis desfavorecidos.

Esta elección de futuro que parte da

incorporación da ética ao consumo require de

ferramentas que están ao alcance dos

responsables das políticas públicas de

consumo e que deben ser reivindicadas polos

consumidores como modelo de participación

e de responsabilidade compartida. Esas

ferramentas concrétanse na información, a

formación e a educación para inducir novos

hábitos e valores compatibles coa perspectiva

ética do consumo, na sensibilización sobre o

uso racional dos recursos ou na promoción do

comercio xusto e a economía solidaria, sen

esquecer o factor de aprendizaxe que supón a

reactivación do cooperativismo.

Unha mostra das repercusións que se

estenden polos efectos do denominado

consumo ético constitúea a recuperación da

figura do prosumidor (producir para consumo

propio) que alá pola década dos setenta do

século pasado anticipaba de maneira

clarividente Alvin Toffler. Ao respecto

poderíamos referir que o avance cara á

desincronización e a xornada laboral parcial, a

aparición do fogar electrónico e a modificación

da estrutura familiar, entre outros, son cambios

que abocan a novos estilos de vida.

A redefinición da xornada completa cunha

duración menor motivada polas previsións de

desemprego e pensións leva á cuestión do

ocio. No actual contexto, adquiren dimensión

práctica novos estilos de vida baseados, por

unha parte, na produción para o intercambio,

e por outra, na produción para o uso.

É posible crear estilos de vida que sexan máis

plenos e variados, menos monótonos,

máis creativamente satisfactorios e menos

influídos polo mercado.

A distribución do tempo en traballador a

xornada parcial e prosumidor a xornada

parcial comporta, ademais, a erradicación non

só da ética protestante do traballo que

imperou nos últimos anos senón tamén a

ética adquisitiva que provocou a definición

claramente económica do éxito persoal.

En vez de clasificar as persoas polo que posúen,

como fai a ética do mercado, a ética do

prosumidor atribúe un elevado valor ao que

fan. Ademais do diñeiro conta a seguridade en

si mesmo, a capacidade de adaptarse ou de

facer cousas coas propias mans. A ética de

produción que gaba a especialización terá que

ceder o paso á xeneralización propugnada

pola ética do prosumidor. En definitiva,

a consecución dunha vida máis equilibrada.

Mesmo, a elección compartida debe alcanzar

as empresas, reflectíndose na súa

responsabilidade social corporativa, e as

administracións no momento das compras

públicas ou de aplicar correccións de

discriminación positiva que permiten poñer

en marcha actuacións que conducen con

prioridade aos principios sinalados.

Finalmente, este sentimento ético do

consumo posibilita, pola súa vez, respostas

aos riscos actuais que presenta o consumo

actual (exclusión, inseguridade, alienación,

etc.) e ademais garántelles ás xeracións

futuras a oportunidade de poder desfrutar

dunha sociedade de consumo máis xusta e

gratificante para todos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!