29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

92

(…) sobre todo, o que necesitan os nenos é manterse

activos. Iso pode conseguirse practicando deporte en

horario escolar ou extraescolar, colaborando nas

tarefas domésticas, (…) e por suposto, aproveitar o

ocio compartido en familia para a práctica lúdica de

calquera actividade que implique movemento.

de maioría da poboación. Como ben se

pode deducir, o obxectivo fundamental

desta AF adoita ser funcional e ligado a

necesidades básicas como desprazarse,

divertirse, relacionarse, traballar, etc.

Non obstante, o exercicio —subcategoría

de AF— está dirixido a conseguir un mellor

estado de forma, tamén chamado nivel de

condición física, e concrétase nun programa

sistemático e organizado. Estamos a falar,

por tanto, de tarefas acoutadas en

frecuencia (número de veces que as

practicamos á semana), duración (tempo

durante o cal nos exercitamos), supervisión

(actividades dirixidas ou autorreguladas,

pero que forman parte dun programa

estándar), e intensidade —ou grao de

esforzo—, que nos requiren en relación coa

nosa idade, estado de saúde, de forma

física, etc.

Por suposto, ambos os conceptos,

AF e exercicio, lonxe de excluírse,

compleméntanse estupendamente.

Así, as tarefas do fogar, ou de ocio,

poden ser unha boa forma de estar en

movemento e manterse activo, pero por riba

delas pódese practicar exercicio físico de

forma regular e controlada, co cal

conseguiremos máis gasto enerxético e

unha mellora no estado de forma.

Pero, realmente, ¿que significa estar

en forma?

¿Que significa estar en forma?

Existen dous aspectos básicos

do acondicionamento físico.

O primeiro é a forma cardiovascular e

mídese en relación coa cantidade máxima

de oxíxeno que pode utilizar o corpo (tamén

chamado VO 2 máx), e indica a nosa

capacidade máxima de traballo. O VO2 máx

non é doado de medir de forma directa,

aínda que se pode estimar de xeito indirecto

a partir dalgunhas probas ou test de campo,

por exemplo o test de Cooper.

O segundo aspecto do acondicionamento

é a forma funcional, é dicir, aquela que

indica o nivel xeral de saúde e a capacidade

de levar a cabo funcións básicas, sen

molestias ou limitacións.

Hoxe en día, as recomendacións dos

diferentes organismos con autoridade nesta

materia, (principalmente o CDC i , ACSM ii , e

S.G iii . AHA iv , PCPFS v ) céntranse en niveis

moderados de AF co obxectivo de alcanzar

unha forma funcional e evitar enfermidades.

Nos anos setenta e oitenta, os mesmos

organismos recomendaban como obxectivo

alcanzar un bo estado de forma

cardiovascular. O cambio produciuse por

varios motivos; primeiramente,

as investigacións das últimas décadas

evidenciaron que a relación entre a AF e a

saúde era independente da mellora no nivel

de condición física, isto significaba que

menores niveis de AF provocaban tamén

melloras considerables no estado de saúde,

aínda que o suxeito non chegase a ter unha

boa forma.

E por outra banda, os profesionais

sanitarios déronse conta que

recomendando niveis máis axeitados

á realidade das persoas, (en canto a tempo

dispoñible ou acceso á instalación

ou contornos axeitados… etc.), tería

posiblemente un efecto motivador

nunha poboación cada vez máis sedentaria

e inactiva.

Evidentemente, isto non significa que xa

non sexa aconsellable conseguir un bo

estado de forma cardiovascular, ou que non

sexa beneficioso para a saúde mellorar o

nivel de condición física. Por suposto que é

saudable e moito, pero non é menos certo

que para o conxunto da poboación adulta e

maior, o tempo, a falta de motivación e

algúns conflitos de intereses, supoñen

barreiras case infranqueables para poder

seguir de xeito regular un programa de

exercicio. Non obstante, poden conseguir

considerables melloras na súa saúde, coa

práctica de AF cotiá ligada ás actividades da

vida diaria, o que resulta moito máis

cómodo e sinxelo.

E os rapaces,

¿necesitan estar en forma?

Ben, se falamos de rapaces teremos que

pensar, en primeiro lugar, que o seu patrón

de conduta é basicamente diferente ao dos

adultos e maiores. Como mostra, un

exemplo: os hábitos de vida do neno

(entre eles o sedentarismo), tardarán

varios anos en afectar a saúde do

adolescente ou mozo. De feito, case toda

a evidencia sobre a relación da AF e o

exercicio e a saúde está documentada a

partir de mostras de adultos.

Sabemos que o patrón de AF dos nenos

—entre 5 e 12 anos principalmente—

é complexo e multidimensional. Temos

referencias que demostran que realizan

períodos curtos e intermitentes de AF

vigorosa, (brincar, correr tras a pelota,

perseguir outros compañeiros, etc.),

mesturados con períodos de descanso

máis longos.

Ata o momento, gran parte das referencias

sobre os beneficios do exercicio e a AF en

nenos-adolescentes-mozos está centrada

no seu papel na prevención do sobrepeso e

a obesidade que, precisamente, se está a

converter nunha epidemia para a poboación

dos países occidentais, incluída, como non,

a poboación infantil.

Precisamente, unha das manifestacións

máis preocupantes do estilo de vida actual

dos rapaces é a cantidade de tempo que

acumulan ao día, en actividades que

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!