29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

102

¡¡CHEGAMOS ATA O TEITO!!

que se move cada alumno/a (hipóteses),

cos que organiza o seu modo de actuar.

Respectar estas hipóteses individuais,

poñendo énfase nas achegas de cada

quen, considerando que algunhas son

susceptibles de mellora. Todos/as sen

excepción, incluída a mestra, “imos

aprendendo día a día” Os erros son unha

importantísima fonte de información

do proceso de aprendizaxe.

Diálogo en gran grupo:

—“Lía indicou que fóra da escola

había 16 graos e dentro 6 graos,

¿pode ser certo isto?”

Algúns sinalaron: —“Non, porque fóra

vai máis frío. Dentro hai calefacción,

está máis quente”

—“¿Que é máis quente, 16 graos

ou 6 graos? ¿Por que?”…

(Proxecto: ¡Vai moito frío!)

> Propiciar a construción de estratexias

de aprendizaxe, clarificando os obxectivos

que se pretenden alcanzar e facendo

consciente o alumnado das súas

posibilidades e as dificultades que hai que

superar. Verbalizar as estratexias individuais

de aprendizaxe e as representacións

matemáticas non formais, sexan erróneas

ou non, facilita o conflito cognitivo e,

polo tanto, a adquisición de estruturas

lóxicas cada vez máis complexas, facilita

“aprender a aprender”.

O BIGOTE MÁIS LONGO DO MUNDO

Diálogo en gran grupo:

“Explícanos cantos días de frío houbo

en total neste mes. Lembrade que é

moi importante non dicir as cousas

porque si, hai que dar sempre unha

razón. ¿Como fixeches para sabelo?

¿Estades de acordo? ¿Por que?

¿Hai alguén que o faría doutra

maneira?” (Observación do cadro de

rexistro do tempo meteorolóxico)

Diálogo en grupo a partir dunha

representación gráfica individual:

“¿Que pensades do debuxo que fixo

Santi da torre e o/a neno/a subindo á

escaleira? ¿Vós debuxariádelo así ou

doutro xeito? ¿Por que?”

(Proxecto: Queremos chegar

ata o teito!)

> Impulsar as relacións entre iguais

superando os conflitos mediante o

diálogo e a cooperación,

en agrupamentos heteroxéneos.

Postas en común:

“Dixestes que a profe Mayca ten o pé

máis grande que a profe Ana.

Se o número de zapato da profe Ana

é o 36, ¿o número de zapato que usa

a profe Mayca pode ser o 21,

como di Antón? ¿Por que?”

(Proxecto: ¿Que número de zapato

usa a profe Ana?)

Traballos por parellas:

“Tendes que pensar entre os dous canta

temperatura terá o neno que está

enfermo e canta o que está ben e,

despois de poñervos de acordo, escribilo”

(Proxecto: ¿Canta febre temos?)

Pequeno grupo:

“Ordenade as vosas alturas de menor

a maior. Cando todos/as esteades de

acordo, podedes pegalas na escaleira”

(Proxecto: ¿Canto medimos?)

A estes principios que se sinalan no DCB,

persoalmente eu engadiría un máis que me

parece fundamental, concretamente

en relación cos contidos matemáticos:

> Secuenciar e organizar os contidos con

flexibilidade, non limitándoos por criterios

madurativos, estando sempre dispostos/as

á escoita. Os nenos e nenas son unha fonte

riquísima de contidos significativos.

(Proxecto: ¡Queremos chegar ata o teito!)

Isto non é incompatible coas propostas

docentes que se consideren pertinentes.

En fin, todos estes contextos, materializados

en diferentes proxectos, permitiron

converter a miña aula nun medio social no

que todos e todas, cativos/as e mestra,

interactuamos mentres convivimos a través

da cultura matemática…

…e da man da cultura matemática,

abrimos os ollos ao mundo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!