29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4

son exemplos da capacidade de

adopción de perspectivas, que está

na base da empatía. A empatía crea

ambientes cálidos e amables,

onde a axuda e a comprensión mutuas

rompen barreiras e antagonismos,

independentemente do rol que cada

un teña asignado.

Rendemento. É o obxectivo fundamental

cara ao cal está dirixido todo o proceso,

pero non se debería circunscribir ao

cognitivo. Débese procurar un rendemento

académico óptimo de todos e cada un dos

alumnos, o cal non significa que todos

deban render o mesmo, senón o máximo

dentro das súas posibilidades.

Ademais, non se deben esquivar os logros

socioemocionais dos alumnos,

especialmente daqueles que non

conseguen éxitos académicos. Aínda que

non se poida conseguir que todos sexan

bos estudantes, si é exixible que todos

sexan persoas, no sentido cívico da palabra.

O rendemento académico dos alumnos

pode ser favorecido por unha serie de

ferramentas ao alcance do profesorado:

Indución de expectativas. Ninguén acomete

unha tarefa se non espera nada gratificante

dela. Non obstante, moitos estudantes

acoden cada día á clase sen ningún tipo de

expectativas. Conseguir que todos os

alumnos teñan algo que gañar no

desenvolvemento da clase debe ser un

obxectivo central para o profesorado.

Motivación. Facer que queiran.

Todos os esforzos que o profesorado

invista en motivar os seus alumnos

e alumnas, aforraraos en controlalos.

A máis motivación, menos control.

Atención. Estar na aula non é sinónimo de

estar na clase. Hai alumnos que están

materialmente na aula, pero a súa mente

está noutro sitio moi distante. A falta de

atención xera gran parte dos problemas:

só cando un rapaz ou unha rapaza centra a

súa atención no desenvolvemento da clase,

participando activamente nela, podemos dicir

que está realmente na clase. Ter alumnos

na aula é unha oportunidade para captar e

manter a súa atención, mediante o control

das correntes de atención e a mellora

continua dos niveis de atención conseguidos.

Atención á diversidade. O rendemento

académico que cada alumno ou alumna pode

ofrecer é distinto ao dos demais. A adaptación

de obxectivos, contidos, metodoloxía e

criterios de avaliación é un requisito

inescusable para atender adecuadamente a

diversidade de capacidades e intereses

presentes en cada aula. A adaptación ás

características do alumno, para obrar en

consecuencia establecendo un ensino

“posible” para o alumno, aumenta

notablemente as posibilidades de que se

“enganchen” á clase alumnos que doutra

maneira quedarían excluídos.

Tratar ben os arrefriados evita

pulmonías. A maioría de situacións que

perturban o adecuado desenvolvemento das

actividades nunha aula ou nun centro

escolar adoitan ser de pouca gravidade e

alta frecuencia. Son as rutinas

perturbadoras, ligadas polo xeral á

desmotivación, ao aburrimento e á ausencia

de éxitos académicos, coa busca

conseguinte de protagonismo mediante

condutas inapropiadas. Nun estudo

realizado en varios centros de secundaria,

case o 70% das queixas dos profesores

sobre o comportamento dos seus alumnos

se referían a condutas tales como chegar

tarde á clase, non sacar o material,

molestar os compañeiros ou desobedecer

as indicacións do profesorado. Pertencen a

unha categoría de condutas disruptivas,

perturbadoras do clima da clase, pero non

violentas nin atentatorias contra a

integridade e a dignidade dos demais.

Se se consegue reducir ao mínimo este tipo

de condutas redúcese gran parte da

conflitividade, ademais de que

indirectamente tamén acaban diminuíndo

as condutas máis graves.

Actuar por principios. Con demasiada

frecuencia, os profesores e profesoras

esperan a que apareza un problema de

conduta para aplicar intuitiva e

improvisadamente determinadas medidas.

Este funcionamento por ensaio e erro provoca

a miúdo contradiccións que xeran no alumno

desorientación, que pode ser evitada se se

seguen de forma habitual uns principios de

actuación coherentes que guíen todas as

nosas intervencións. A eficacia da xestión da

convivencia depende non tanto de que tipo de

estratexias se utilizan, senón dos principios

en que se sustentan, de modo que a

efectividade non se resente se se substitúen

unhas estratexias por outras baseadas no

mesmo principio. Os principios fundamentais

que se deben seguir, ao noso xuízo, son.

— Economía. O complicado non funciona.

Hai que utilizar procesos simples, en

canto a persoas implicadas (o que

poida resolver un profesor/a, mellor que

implicar a varios innecesariamente),

burocracia (o que se poida resolver sen

papeis superfluos, mellor que cun

papelorio innecesario) e tempo (o que

se poida resolver en prazos breves,

mellor que en longos procesos).

— Eficacia. Un proceso é eficaz cando

evita e/ou resolve problemas. Faise

imprescindible realizar unha avaliación

sistemática da eficacia de cada

procedemento que se aplique,

substituíndo os rituais non eficaces

aplicados mecanicamente por outros de

maior operatividade.

— Planificación. Se sabemos que van

aparecer os mesmos conflitos de

sempre, nos mesmos lugares de

sempre e nos mesmos momentos

de sempre, ¿por que non planificar

as actuacións con antelación?

a planificación supón visualizar

problemas e decidir intervencións coas

características arriba enunciadas, antes

de que os conflitos previsibles e xa

coñecidos de antemán aparezan.

— Implementación dos procesos.

Calquera plan ou proxecto, aínda que

sexan modelos perfectos en teoría, non

resultarán eficaces se non se pensa na

maneira de implementalos, de levalos á

práctica. Para que un colectivo aplique

eficazmente un procedemento (neste

caso de resolución de conflitos) debe:

1. Ser coñecido e comprendido por

todos, sen fisuras, para o cal é

fundamental unha difusión adecuada.

2. Ser aceptado por todos/as, cun

compromiso sincero para a súa

aplicación coordinada (persuasión).

A utilidade e a simplicidade dos

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!