29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

82

nos permita abordar con optimismo

e perspectivas de éxito o que supón

a educación desde un enfoque

intercultural.

— A educación da muller é a educación

dun pobo.

— É moito máis o que os une que o que

nos separa.

Contos populares do mundo

A actividade baseouse na recolleita de

contos populares do mundo, relacionados

coas distintas culturas minoritarias

presentes no noso centro educativo.

Deste xeito déuselle un protagonismo

relevante a este alumnado que, dende as

súas vivencias e dende o seu medio, foi un

referente importante.

Partindo desta posta en común fixemos

unha escolma do material achegado, a

partir do cal se desenvolveron actividades

como as que seguen:

— Lectura e comprensión de textos

narrativos.

— Situación xeográfica dos países

mencionados nos contos.

— Recolleita de datos sobre os costumes

e tradicións dos países e culturas

reflectidas nestas narracións.

— Análise da estrutura do conto.

— Elaboración de banda deseñada e

ilustracións.

— Análise e resolución de situacións

conflitivas que aparecen nos contos.

Danzas do mundo

A actividade ten como punto de referencia a

asistencia dos membros do seminario

permanente “Mestura Cultura” ao curso de

“Danzas e músicas do mundo”, o que nos

deu formación e coñecemento sobre elas,

así como un achegamento ao folclore das

distintas culturas coas cales estamos a

convivir no noso centro.

O conxunto deste traballo implicou

o alumnado e o profesorado que

voluntariamente participou na posta en

práctica de diferentes danzas do mundo,

nos recreos.

Xogos populares interculturais

No patio e no ximnasio do centro puxéronse

en práctica xogos populares de distintas

partes do mundo, previamente buscados

e seleccionados polo alumnado: “Mbube,

mbube” (África), Kabbadi (India), Zi Jie

Doufu (China), “A estornela” (Galicia)...

Este espazo de encontro permitiu establecer

e fomentar relacións equilibradas e

construtivas cos demais, facendo fincapé na

importancia do respecto ás regras do xogo.

Músicas do mundo

A finalidade desta actividade foi a

aprendizaxe e posterior gravación de

pequenos fragmentos musicais

correspondentes a cada continente do

mundo. Así, o alumnado achegouse á música

como un sinal máis da identidade propia de

cada pobo. A actividade pode considerarse

dividida en tres partes diferenciadas:

— Audición, análise e estudo de músicas

propias dos cinco continentes.

— Práctica e interpretación das

composicións musicais adaptadas ao

instrumental da clase de música.

— Recompilación e gravación nun CD

destes fragmentos musicais.

Desta forma ábrese un amplo campo no

que traballar tanto no que se refire a

conceptos da propia materia de educación

musical, como ao traballo en equipo e os

valores de respecto, tolerancia e aceptación

do diferente.

Construción de instrumentos musicais

Con esta actividade pretendemos que o

alumnado coñecese as características

propias dalgún instrumento musical de cada

continente, analízanse sonoridades e

materiais empregados e identifícanse os

distintos tipos de instrumentos…

Neste proceso establecéronse catro

momentos claramente diferenciados:

— Investigación e estudo dos diferentes

instrumentos musicais.

— Construción dos instrumentos musicais

con materiais de refugallo así como o

estudo das súas posibilidades sonoras.

— Elaboración dun mapa do mundo cos

instrumentos representativos de cada

zona xeográfica e unha pequena

descrición deles.

— Exposición na entrada do instituto

dos traballos realizados.

Concerto das músicas do mundo

O concerto pódese considerar como

o elemento de peche da actividade

“Músicas do mundo”. Despois dun

proceso ascendente no coñecemento

e achegamento á variedade de melodías

e ritmos, instrumentos, sonoridades,...

tentamos poñer en común os distintos

fragmentos musicais traballados nas clases

de educación musical. Así conseguimos

transmitir ao resto do alumnado

a importancia da música en calquera parte

do mundo, a súa presenza como elemento

de identidade cultural, social...

O concerto baseouse na interpretación

dunha pequena selección de fragmentos

musicais representativos de cada

continente. Cinco obras que nos ofertaron

unha viaxe polo mundo a través da música.

Conclusións

Unha vez desenvolvidas as actividades,

fixemos as seguintes reflexións sobre as

repercusións que o noso traballo tivo na

propia comunidade escolar:

— Supuxo unha aprendizaxe para o

alumnado e para o profesorado.

— Propiciou un cambio positivo na

actitude do alumnado maioritario fronte

a esas outras realidades apenas

coñecidas, conseguindo darlles

dimensión e entidade propia.

— Mellorou a autoestima do alumnado,

sobre todo o que está en posición de

cultura minoritaria.

— Mellorou o clima do centro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!