29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

En ensino secundario preguntouse polas

horas a que tiñan que chegar á casa

os venres e os sábados, tema que na

adolescencia provoca moitas

reivindicacións. Resultou que nas respostas

ata as 10 da noite, de 12 a 2 da mañá

e non saio, a porcentaxe máis alta é a de

rapazas, mentres que nas respostas de 2 a 5,

sen límite e cedo gañan os rapaces.

Cando se lles preguntou se, polo xeral, vían

que ás rapazas se lles obrigaba a chegar

antes á casa e se iso era xusto, o 56%

delas din que si teñen que chegar antes

e que non é xusto. O 60% dos homes din

o mesmo e o motivo que dan con maior

frecuencia os dous sexos para atopalo

inxusto é que homes e mulleres deben ter

os mesmos dereitos.

Polo que respecta aos xuízos que fan sobre

os comportamentos relacionados coas

saídas de lecer, os dous sexos opinan igual

sobre a tolerancia de que un mozo ou unha

moza se “emborrache” as fins de semana

(para o 55% é tolerable), sobre que fumar

non achega nada ás mulleres (no caso dos

homes eles non o teñen tan claro) e en que a

vestimenta é máis importante para elas que

para eles se pretenden ligar. Ademais, un de

cada catro homes é máis conservador na

vestimenta das rapazas se lle son familiares

ou amigas. Parece que nalgúns aspectos se

romperon os prexuízos sexistas pero noutros

permanecen, e máis nas respostas do sexo

masculino que do feminino.

Un ámbito en que claramente permanecen

os prexuízos é no das relacións sexuais.

As rapazas son criticadas en maior medida

por ambos os sexos se se lían con varios

rapaces. Critícanas o 58% dos homes e o

47% das mulleres, fronte ás críticas do

39% que reciben os homes das femias e do

24% que reciben do seu sexo. Este é outro

campo onde aparece a necesidade de

traballar pola igualdade de xénero.

Pasando ao ámbito escolar, preguntóuselles

polos comportamentos ante agresións por

parte dos/das seus/súas compañeiros/as.

Ante as agresións verbais, elas reaccionan

dicíndollo a un/ha profesor/a, contestando,

pasando, aguantando, sentíndose mal e

falando, pero se a agresión vén por parte

dunha muller a cuarta parte tamén contesta

cunha resposta física. Eles diferéncianse en

que non se senten mal e en que contestan

con agresións físicas (menos da metade se

os agrediu un home e a sexta parte se foi

unha muller).

Ante as agresións físicas por parte dun

compañeiro, elas reaccionan con

porcentaxes do 25% coas respostas

pegándolle e dicíndollo a un/ha profesor/a.

Se a agresión vén dunha compañeira a

metade recorrería a unha contestación

física. O 68% dos rapaces reacciona ante

agresións dun home pegándolle, porcentaxe

que baixa ao 25% se os agrediu unha

compañeira. Como se ve nas respostas dos

homes aparecen con máis frecuencia as

agresións físicas.

Cando se lles pregunta polo sexo máis

conflitivo na aula, contestan que os

homes, con moita diferenza con respecto

ás mulleres. A causa segundo os dous

sexos é que eles son máis brutos, e

ademais algúns deles xustifícanse coa súa

condición biolóxica.

Din que acostuman obedecer por igual ás

profesoras que aos profesores, pero a eles

dálles igual falar dos seus problemas cun

profesor que cunha profesora ou ter titor ou

titora, mentres que elas reparten as súas

preferencias entre as opcións prefiro falar

cunha profesora e dáme igual, e prefiro ter

unha titora e dáme igual. Os dous sexos

non perciben discriminación sexual por

parte do profesorado.

Tamén preguntamos polos estudos e saídas

profesionais. As respostas indican que a

maioría das rapazas queren estudar

bacharelato, mentres que os rapaces

prefiren ciclos formativos. En consonancia

con esta resposta está que de maiores ás

mulleres gustaríalles desenvolver traballos

que requiren títulos universitarios, e aos

homes traballos relacionados coa formación

profesional. Quizais aquí se puidese

investigar se ten que ver con prexuízos

sexistas sobre os estudos e traballos, coas

condicións laborais dos traballos a que

conducen eses prexuízos e cos resultados

académicos, relacionados pola súa vez co

comportamento nas aulas, variable

que xa apareceu.

De feito indagouse sobre os estereotipos de

repartición de traballos por sexos.

Púxoselles na situación hipotética de que

debían contratar unha persoa para cada un

de varios postos nunha grande empresa.

Resultou que os dous sexos obedeceron a

85

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!