29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A outra cara da ciencia

Mª Jesús Leis Blanco

Profesora de CCNN. IES Pedro Floriani,

(Redondela) Pontevedra

Tradicionalmente, no campo da ciencia

e da tecnoloxía, a participación da muller foi

moito máis desequilibrada que noutros

campos. Aínda que isto está cambiando,

especialmente dende os últimos anos do

século XX, este cambio non chega ao

alumnado de secundaria do mesmo xeito

que sucede noutros ámbitos.

As mulleres escritoras, actrices ou políticas

saen nos medios de comunicación, son

visibles, pero é raro que saian mulleres

científicas na TV, prensa, etc.

Afortunadamente, as publicacións e artigos

neste campo son cada día máis numerosos,

pero... ¿Como aparece reflectido este

cambio no material que utiliza o noso

alumnado? ¿Chegan estes datos dunha

forma ampla ao profesorado? ¿Está a

biblioteca escolar actualizada neste campo?

¿Que se pode facer para traballar o tema

de forma sistemática e integrada?

Para resolver estas cuestións,

as actuacións deseñadas foron

as seguintes:

1 Analizar cal é a situación real na aula,

cales son os coñecementos do alumnado

sobre o tema, e como aparece tratado

nos materiais cos cales habitualmente

traballan os nosos alumnos e alumnas.

2 Deseñar unha unidade didáctica cunha

serie de actividades para realizar ao

longo do curso dunha forma integrada

(empezando por 4º ESO) introducindo a

contribución da muller ao traballo

científico e tamén cuestións relacionadas

coa situación da muller en distintos

ámbitos da sociedade.

1 ANÁLISE DA SITUACIÓN

E RECOLLIDA DE DATOS

A recollida de información fíxose a catro

niveis que se indican a continuación:

1.1 Observación dos libros de texto

Este dato pareceume importante porque

é a imaxe que perciben os alumnos

e as alumnas da realidade científica e

constitúe o seu principal material de

traballo fóra do centro.

Observáronse persoeiros destacados,

considerando como tales os visibles, aqueles

que aparecen representados por imaxes.

A táboa recolle os datos por cursos.

1.2 Coñecementos do alumnado

Realizouse unha enquisa entre os distintos

grupos de educación secundaria obrigatoria

e 1º e 2º de bacharelato (tecnolóxico

e de humanidades), para poñer de manifesto

os coñecementos que ten o alumnado

sobre o tema.

Na gráfica aparece representado o número

total de científicas e científicos nomeados

en cada nivel.

1.3 Coñecementos do profesorado

Realizouse unha enquisa entre o

profesorado do centro. Cunha participación

próxima ao 35%, os distintos científicos

nomeados foron 60 e as científicas 20.

A realización desta enquisa supuxo uns días

de debate no centro sobre a necesidade ou

non de destacar o feito de ser muller, que

está a suceder noutras materias, como

é a formación que recibimos como

docentes neste campo, etc. Supuxo tamén

un intercambio de material e a disposición

de gran parte do profesorado en colaborar

en actuacións posteriores no centro.

1.4 A biblioteca do centro como

recurso na coeducación

Fíxose unha valoración do material co que

conta a biblioteca referido á historia da

ciencia, así como diversas coleccións de

biografías científicas, obténdose

información referente a mulleres científicas.

Constatamos a necesidade de ampliar este

material e do desequilibrio existente entre

as ofertas de biografías de científicos e as

de científicas nos catálogos das editoriais.

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!