29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40

Para que estas estratexias teñan éxito é necesario que toda a

comunidade educativa entenda o programa e que se comprometa

no seu apoio. Se a dirección e gran parte dos docentes apoian a

mediación, de seguro que terá éxito. Se, pola contra, aparece unha

actitude pasiva, ou mesmo de menosprezo por parte do

profesorado, e non atopa a nosa proposta unha resposta adecuada,

existen poucas posibilidades de que se produza unha auténtica

transformación na maneira de xestionar os conflitos e,

consecuentemente, de mellorar o clima de convivencia no centro.

— Farase un seguimento e unha

avaliación do acordo.

No caso de que non resulte

satisfactorio, o problema derivarase

de novo á comisión de convivencia

ou Xefatura de Estudos.

No caso de que a solución resulte

satisfactoria, deberá retirar a falta

de disciplina (isto aínda se discute

nalgúns sitios).

— Os rexistros de mediación arquivaranse

no Servizo de Mediación e terán

carácter confidencial.

AVALIACIÓN

¿Que se avalía?

Porcentaxe de mediacións resoltas:

(nas cales se cumpriron os acordos)

Grao de satisfacción do alumnado

implicado.

¿Cando?

Celébranse reunións trimestrais dos

coordinadores para posta en común.

Faise ao final do curso unha reunión final,

para avaliar resultados.

¿Como?

Análise dos modelos de mediación

Valoración subxectiva dos membros do

servizo e dificultades atopadas

Cuestionario ao alumnado mediado

Farase unha memoria final na cal se

reflictan as valoracións do proceso.

A MODO DE REFLEXIÓN

No noso centro obsérvase o entusiasmo do

alumnado e do profesorado que se

implicaron no proxecto, así como unha

mellora na convivencia, xa que se abre

unha canle de diálogo onde antes só

existían berros e castigos.

O profesorado que ten realizado traballos,

introducindo na súa tarefa cotiá este tipo de

estratexias, destaca dous aspectos

relevantes: por unha banda, que na aula se

constrúe un contorno máis pacífico,

onde o alumnado se pode concentrar

máis facilmente nas súas obrigas

específicas e, doutra banda, que se

adquiren certas habilidades que se

estenden a todas as súas actividades

e a todas as súas relacións.

Observamos que a mediación axuda

o noso alumnado a valorar os seus

propios problemas e as súas relacións

con outras persoas doutro xeito, mesmo

fóra do ámbito escolar, nas súas vidas

persoais. Os problemas que, xeralmente,

se atenderon como problemas de conduta,

debido á aplicación do regulamento de

centro, levaron á imposición de sancións,

que, aínda que sufocaba o problema

a curto prazo, lonxe de arranxalo,

agudizaba o conflito e polarizaba

as posicións entre as partes (entre alumnos

ou entre profesores e alumnos).

A mediación é un xeito de encher

os castigos de contido educativo.

Proporciona unha vía positiva

de resolución, polo tanto é educativa,

factor dobremente beneficioso,

porque abre o diálogo e a participación

onde antes había sancións e porque

son as mesmas partes as que

proporcionan as solucións. Isto leva

a que sexan maiores as probabilidades

de que se cumpran e se manteñan os

acordos. A mediación fomenta a

responsabilidade e o compromiso na

convivencia, ademais dunha maior

conciencia do efecto das nosas actitudes

e accións no grupo.

Para que estas estratexias teñan éxito

é necesario que toda a comunidade

educativa entenda o programa e que se

comprometa no seu apoio. Se a dirección

e gran parte dos docentes apoian a

mediación, de seguro que terá éxito.

Se, pola contra, aparece unha actitude

pasiva, ou mesmo de menosprezo por

parte do profesorado, e non atopa a nosa

proposta unha resposta adecuada, existen

poucas posibilidades de que se produza

unha auténtica transformación

na maneira de xestionar os conflitos e,

consecuentemente, de mellorar o clima

de convivencia no centro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!