29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

76

Deseño da exposición

¿Como queremos que se mostre ao público

o noso traballo? ¿Que título lle poñemos

á exposición? ¿Que elementos levará?

Estas preguntas xorden despois de poñer

en marcha os carteis e propoño un equipo

que traballe no proxecto.

Primeiro había que medir o espazo e buscar

un sistema para amosar os carteis. Logo

pareceunos oportuno poñer unha frase que

percorrese a exposición e sobre todo,

tiñamos que buscarlle un título.

A primeira idea consistía en realizar uns

tabiques que conformasen un espazo

rectangular, aberto por un lado onde se

colocaría un panel frontal co título da

exposición. No seu interior disporíanse os

carteis perfectamente aliñados, coas

definicións dos valores recortadas en vinilo

(nun plotter de corte) e pegadas debaixo

dos carteis. Ademais, ocorréuselles

clasificar os valores en sociais, propios,

de relación e recíprocos.

A frase guía elixida foi "aprende con

valores" que foi transcrita "aprende. com

v@lor.es" utilizando grafismos recoñecidos

por toda a mocidade para que a mensaxe

fose máis afín a eles.

O título da exposición decidiuse que fose

"con valores", reflectíndose de forma

gráfica cuns corchetes remarcando a

palabra "con" que pretendía facer fincapé

en educación, escola, aprendizaxe,

formación, todo iso con valores...

Elabórase unha maqueta para visualizar

como nos ía quedar a exposición. Realízase

en tres dimensións empregando cartón

pluma groso para simular os tabiques

e máis fino para os carteis.

Parecía que estaba todo, atado e máis que

atado, pero atopámonos cun problema;

a confección dos tabiques era moi custosa,

o que nos levou a ter que cambiar a forma

de amosar os nosos carteis.

Non se nos ocorría nada, pero vendo unha

exposición de arquitectura en Vigo véuseme

unha idea á cabeza; podíanse montar os

carteis en cartón pluma en forma de cruz

e colgalos cunha tanza do teito.

Manexando esa idea, caeu nas miñas

mans un calendario, as dúas partes do cal

estaban encaixadas.

Listo, xa tiña a solución, utilizariamos uns

paneis de madeira contrachapada cunha

fenda central para encaixalos de dous en

dous formando unha cruz que se sostería

por si mesma no chan.

Tivemos que facer algúns cambios para

adaptar o que xa tiñamos feito á nova

situación e redeseñar o panel que

encabezaba a exposición.

A exposición final constaba de catro

módulos formados por dous paneis cada

un. En tres dos módulos colocáronse 24

carteis, un por cada cara das aspas da cruz.

O outro utilizouse para presentar a

exposición, onde se incluía o título desta,

o nome do alumnado participante, o nome

do ciclo, do instituto e a relación de valores.

Proceso produtivo:

Rematado o deseño dos carteis

procedemos á súa impresión en tamaño

A-2 sobre papel fotográfico, despois pásanse

por unha laminadora que os plastifica para

a súa protección. Cortamos ao mesmo

tamaño cartón-pluma, que nos servirá como

soporte para os carteis, e pegámolos.

A continuación mandamos ao plotter de

corte os textos que van pegados aos

paneis. Sacamos o sobrante e deixamos só

as letras ás cales adherimos un filme para

despegalas da súa base e poder fixalas

en calquera outra superficie.

Montaxe da exposición

Distribuíuse o traballo en varios grupos.

Un tiña que encaixar os paneis e facer

as medicións para a colocación dos

carteis e textos. Outro era o encargado

de preparar as letras de vinilo. E outro

tiña que recompilar os elementos e

colocalos no seu sitio.

Ao final, o resultado do noso traballo

vía a luz. Foi moi satisfactorio, non só

para o alumnado, senón tamén para min.

Recompilación de información

Este proxecto foi recollido nunha memoria

en que aparece o traballo diario,

os carteis, as definicións, a primeira

maqueta e a exposición final. Tamén se

recompilaron todas as imaxes que se

fixeron para a elaboración dos carteis,

así como as realizadas en todos os

procesos e da exposición.

Comentarios do alumnado

Cando se lles preguntou ¿que

aprendestes? responderon: "aprendemos

moito, "custounos pensar a idea para

chegar ao resultado final", "que dunha

idea se poden sacar moitas máis",

"a madurar as ideas e non quedar coa

primeira", "a traballar en equipo",

"foi algo innovador para nós".

Á pregunta ¿Como vos sentistes?

dixeron: "gustoume que os demais

apreciasen o meu traballo", "satisfacción

e ledicia" "que paga a pena repetir",

"gratitude, o que me dá máis ganas

de traballar", "síntome orgullosa".

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!