29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

¿Que é o GAME?

GAME é o Grupo de Animación Musical Escolar. Está composto por 14 mestras e

mestres especialistas en educación musical, que desempeñan a súa actividade

docente en centros públicos de educación primaria de Asturias.

O GAME tivo o seu nacemento alá polo ano 1987 no seo dun curso de educación

musical, que tiña como meta formar os futuros docentes nesta especialidade.

Desde o seu nacemento ata o día de hoxe, con arredor de 200 actuacións

ás súas costas, o grupo evolucionou ata formar o que é hoxe en día: un grupo de

especialistas en educación musical que, convencidos do valor formativo da música

e da súa forza expresiva, levan as súas ideas e iniciativas a todos os colexios de

educación primaria de Asturias, sen menoscabo da súa localización xeográfica.

Jacobo Vázquez García

Membro do GAME

¿COMO E CANDO TRABALLAMOS?

A nosa actividade lévase a cabo os venres,

durante o período lectivo dos colexios

aos cales nos desprazamos, e que

previamente solicitaron a nosa visita.

O traballo do grupo nos colexios

divídese en dúas partes.

Nunha primeira parte realízanse de forma

simultánea cinco obradoiros didácticos

diferentes en que participa todo o alumnado

de educación primaria. Os obradoiros son

os seguintes:

Obradoiro de xogos musicais

Para os máis pequenos (de 1º e 2º nivel).

As historias, os contos (sempre con

elementos musicais de por medio),

as cancións con xestos e movemento,

as músicas gravadas que invitan ao baile

ou facilitan a expresión corporal…

son ferramentas deste obradoiro.

Ben utilizadas fan que os nenos/as xoguen

coa música e pasen un momento felices.

Obradoiro de interpretación

Entendemos a “expresión”, en sentido amplo,

sinxelo e espontáneo. Neste obradoiro

(nenos/as de 3º) fanse exercicios de

respiración e técnica vocal, márcanse unhas

pautas de xesticulación, movemento,

dramatización… moi xerais, que os

participantes poñen en práctica cunha canción

representada. Pero a “expresión” que máis se

valora e se respecta é a que espontaneamente

xorde dos nenos/as. Por aí empezamos.

Obradoiro de danzas

Pensado para alumnos de 4º nivel,

este obradoiro non ofrece consellos

89

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!