29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

104

Docentes galegos no exterior

Camilo Iglesias López

Datos profesionais identificativos

Camilo Iglesias López, profesor orientador

do CEIP da Ramallosa, Teo.

Posto docente que ten no exterior

Profesor de educación física de primaria.

¿Canto tempo leva vostede no exterior?

Levo cinco anos e este é o meu último ano

ou sexa o sexto. Non se pode estar máis de

seis anos consecutivos no exterior.

Actualmente faise a renovación cada dous

anos, despois dunha avaliación positiva por

parte das autoridades educativas (director,

inspector, conselleiro…)

¿Como foi o proceso selectivo?

Primeiramente cando se fai a convocatoria

preséntase un cos seus méritos

profesionais e académicos, de acordo coas

súas bases, e entra así nunha lista segundo

a baremación e a correspondente

puntuación. Logo sinálanse unhas datas

para as probas dos exames. Hai un exame

de idioma dependendo do país ou países

para os cales se queira ir, equivalente a un

nivel medio da escola oficial de idiomas.

Esta proba é eliminatoria (se non se aproba

xa non fas a seguinte). Pasada esta proba

faise outra de lexislación educativa, sistema

educativo no exterior, currículo, etc. Unha

vez superadas estas probas, de acordo coa

puntuación que teñas e sumada aos

méritos, entras nunha lista ordenada por

puntuación e adxudícanse as prazas.

¿Canto tempo lle levou o seu proceso

de adaptación ao país e á escola?

Persoalmente podo dicir que me custou o

primeiro ano, pois hai que adaptarse ao

centro, condicións de traballo, horarios,

lingua, costumes, alumnos, persoal do

centro, vivenda… Pensa que vas a outro

país con outra cultura, lingua, espazos,

persoas… lonxe da túa familia e amigos…

Tes case que empezar unha “vida nova”.

¿Como é o seu traballo diario

na escola onde está?

Pois como en calquera outro centro

educativo, soamente que aquí hai máis

horas lectivas por ser un centro bilingüe e

tes que facer moitos reforzos con alumnos

portugueses que se incorporan ao centro

con descoñecemento do español, as

interferencias lingüísticas, etc. Fanse moitas

reunións para planificación de reforzos,

programación, currículo integrado, reunións

con pais, etc. Hai que estar sempre

disposto, ás veces tes que dar materias

para as cales non concursaches, se tes a

habilitación, e non te podes negar…

sempre disposto ás necesidades do centro.

¿Como é o alumnado?

O alumnado é case o 50% español e o

outro 50% portugués. Para os alumnos de

nacionalidade española é gratuíto, só pagan

transporte e comedor se o utilizan. Para os

portugueses é de pagamento como

o Centro Británico ou Liceo Francés,

soamente que máis barato. O alumnado

que asiste é de clase media alta.

Os portugueses de diñeiro son os que asisten

ao centro. Entre os alumnos españois

hai moitos fillos de diplomáticos, militares

destinados aquí, directores de banco,

enxeñeiros, directores de empresa…

Podemos concluír dicindo que é un centro con

alumnado de elite moi mimado e consentido.

Ata hai varios que os trae o condutor.

As aulas están todas con 27 alumnos/as,

os 25 regulados e os dous excepcionais

que permite a lei.

¿Podería dicirnos as diferenzas e

semellanzas co sistema educativo español?

Basicamente é igual o currículo só que este

é un centro bilingüe e cun currículo

integrado. O alumnado cando remata

o bacharelato, tanto pode acceder

á universidade portuguesa como española

superadas as respectivas probas.

¿Ten algunha dificultade engadida no seu

labor polo feito de ser vostede español?

Ningunha, un profesor máis dun centro

español no exterior.

Podemos dicir que o exceso de matrícula,

como xa apuntei 27 alumnos/as de

distintas nacionalidades, con interferencias

lingüísticas, cultura, intereses e

motivacións, o fai máis duro.

¿Que tipo de valores están presentes na

sociedade do país onde vostede está?

A integración de emigrantes das colonias,

negros de Angola, Madeira, Cabo Verde…

Actualmente están vindo moitos emigrantes do

leste para traballar sobre todo na construción.

Hai moita competividade.

¿Recomenda esta experiencia profesional

e vital ao profesorado galego?

En moitas ocasións as recomendacións

non se poden facer, hai que equivocarse só,

e esta é unha delas, explícome.

Saír ao exterior, como xa apuntei

anteriormente, é unha decisión difícil que

cada persoa ten que tomar en función

dos seus intereses persoais, familiares e

profesionais. Deixar a familia ou levala,

ir a un país cunha lingua, cultura, hábitos,

gustos diferentes… son decisións moi

particulares e persoais; perder a praza de

destino que tiñas, se era boa, pensar que vas

gañar moito diñeiro e logo non é tanto, pois

tamén tes que vivir aquí e manter a casa do

teu país; ou fas unha vida de “emigrante”

como os dos anos 50 ou tes que vivir de

acordo coa túa profesión e estatus… (pensa

que ti es unha imaxe do teu país no exterior)

Ter que acatar moitas decisións coas que

non estás de acordo porque así se che pide,

e se non o fas non se che renova.

Non me gustaría convencer a ninguén para

facelo, diríalle todo o que sei e que el mesmo

tomase a decisión meditada de acordo cos

seus intereses. “De todo hai na viña do señor”

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!