29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

30

Valora-Convivencia

no IES As Telleiras

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria implantou o pasado curso 2006-2007 o Plan

Valora co obxecto de impulsar proxectos de innovación educativa en valores democráticos.

No IES As Telleiras consideramos que parte dos traballos que tiñamos previsto realizar encaixaban no

ámbito de Convivencia, Cidadanía e Cultura de Paz, polo cal decidimos participar na convocatoria de

premios do dito plan. O noso obxectivo era, e segue sendo, a elaboración dun plan de convivencia

entendido como a organización nunca definitiva dun conxunto de accións variadas, diversas, diferentes

para facer fronte a un problema que se agudiza coa implantación nos institutos do ensino obrigatorio:

a convivencia. Facemos fincapé no carácter provisorio do plan de convivencia xa que entendemos que

o propio proceso de elaboración do plan non so é a etapa máis enriquecedora para os participantes no

proxecto, senón tamén a máis efectiva na prevención de problemas de convivencia. Tamén salientamos

o carácter múltiple e diverso das accións, xa que o problema non é sinxelo e, aceptando como certo o

dito de que para quen só ten un martelo todos os problemas son cravos, decidimos provernos do maior

número de ferramentas posibles que deseguido enumeramos.

Manuel Losada Cabanas

director do IES As Telleiras (Narón)

1. ELABORACIÓN DE MATERIAL

NA XUNTA DE TITORAS E TITORES (XT)

A XT comezou a funcionar no curso 1999-

2000. Inicialmente organizouse co único

obxectivo de evitar que a titoría presencial

fose unha charla informal, unha hora de

estudo ou, mesmo, outra hora dedicada á

materia do profesor/a titor/a, na práctica

este obxectivo foi amplamente superado.

Durante o pasado curso a XT elaborou

materiais que, baixo o título de “todos

metidos nun bote”, abordan as relacións

interpersoais poñendo especial énfase na

necesidade de relacionármonos dun xeito

positivo a través da comunicación, do

respecto, do coñecemento do outro,

do autocoñecemento e da resolución de

conflitos dun xeito pacífico e democrático

dentro da filosofía “Eu gaño ti gañas”.

Este bloque contén tres unidades

(A violencia, algo cotiá nas aulas,

Relacións de cordialidade e Relación entre

compañeiros), en cada unha delas elabórase

material no cal se recollen textos e se

deseñan actividades de reflexión e debate

para rematar cunha conclusión en común.

2. ACTIVIDADES PARA A FORMACIÓN

DE DELEGADAS E DELEGADOS

Para dinamizar a xunta de delegados e

delegadas desenvolvéronse, xunto con

outras actividades máis clásicas como a

elaboración de material para o proceso de

elección de delegados e delegadas,

distintas accións:

Curso de formación de delegados

e delegadas

Esta actividade, inspirada nunha similar

desenvolvida no IES Francisco Daviña Rey de

Monforte de Lemos, prográmase como unha

comida de traballo entre os representantes

do alumnado e a dirección do centro. Tras a

comida desenvólvese un curso, no cal se lles

entrega material axeitado (portafolios,

fotocopias…) con obxectivos múltiples tales

como prestixiar o cargo de delegado/a,

informalos sobre o funcionamento do IES

(organización, orzamentos…) así como sobre

os proxectos do centro (Plan Valora, Plan de

mellora de bibliotecas, Sistema de xestión

da calidade…)

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!