29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

120

2 UNIDADE DIDÁCTICA

Deseñouse unha unidade didáctica para 4º

ESO, escolléronse científicas que polos seus

traballos encaixan ben na programación e

son de especialidades variadas.

Obxectivos

— Introducir as mulleres como

coprotagonistas nos avances científicos

e na historia da ciencia.

— Valorar o papel da muller na sociedade

ao longo da historia.

— Valorar as dificultades que tiveron

que superar as mulleres para facer

o traballo que querían.

— Utilizar distintas fontes de información:

prensa, libros, novas tecnoloxías, etc.

— Fomentar a utilización da biblioteca

do centro como recurso didáctico.

— Fomentar a cooperación entre

o alumnado na realización de traballos

en grupo.

Para implicar o alumnado no proceso

de aprendizaxe, empregouse unha

metodoloxía activa buscando a participación

do alumnado nos procesos deliberativos

e investigativos, de modo que o alumnado

ten que construír os seus propios

coñecementos.

Mediante a formación de grupos de traballo

favoreceuse unha aprendizaxe entre iguais,

onde o profesorado actúa de guía e axuda

cando se presentan problemas no proceso.

As científicas escollidas foron:

1. Inge Lehman (Xeoloxía)

2. Rosalind Franklin (ADN),

3. Lynn Margulis (Evolución celular)

4. Barbara McClintock (Xenética)

5. Rachel Carson (Ecoloxía )

6. Mary Anning,

7. Mary Leakey (Paleontoloxía)

Cada actividade está proposta para

investigar sobre a vida e as achegas dunha

delas, e a partir de aí afondar nos contidos

e enlazar con outras investigadoras e

investigadores relacionados co tema.

As actividades están deseñadas para utilizar

distintos recursos (páxinas web, prensa,

libros) e utilizar tamén distintos recursos do

centro (biblioteca, aula de informática, etc.)

Baixo a epígrafe “ideas para o debate”

propuxéronse cuestións que levan á

reflexión do papel da muller en distintos

ámbitos da sociedade.

Na realización do traballo valorouse tanto a

información achegada como a implicación

nos grupos de traballo.

A modo de conclusión, dicir que o traballo

resultou moi motivador e enriquecedor a

nivel persoal e supuxo concienciar e ampliar

os coñecementos do alumnado, tamén

serviu para constatar a necesidade de

seguir traballando e ampliar os recursos

para utilizar na aula.

Para saber máis:

Claramunt, Rosa Mª; Portela, Isabel

e Claramunt, Teresa (2002).

Las mujeres en las ciencias experimentales.

Ed. UNED, Madrid.

Servicio Galego de Igualdade (2002).

Guía de boas prácticas en ciencia e tecnoloxía.

Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.

Solsona i Pairó, Nuria (1997).

Mujeres científicas de todos los tiempos.

Ed. Talasa, Madrid.

http://gl.wikipedia.org/wiki/

a ciencia ten nome de muller

1 2 3 4 5 6 7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!