29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A clase dividiuse en tres grupos de traballo,

cada un elixiu unha parte. En cada grupo

nomeouse un representante. A actividade

estivo dirixida pola coordinadora, neste caso

eu, a titora, e os representantes de cada

grupo, cos que xuntabamos e distribuíamos o

traballo, comentabamos as ideas, e así

entre todos, e coa axuda do departamento

de informática, sobre todo para a montaxe,

fixemos o videoclip “SEN FUME”.

LETRA

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

Se fumas non espiras, se fumas non inspiras

se fumas non, respiras.

¡chaval!, ¡chaval ¡deixa de fumar porque

estas moi mal.

Que bonita e a saúde, e a liberdade moito

máis, pero se te pos a fumar, esquécete diso

e de todo o demais.

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

Se tes mentalidade, non fumes meu amigo,

cando apagues o cigarro non o volvas acender,

amigo que te deixa non o volvas querer.

Ei ¡ti! atento ao que fas, o fume fai mal

e te matará.

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

¿Ti fumas?, eu non, coida os teus pulmóns

para poder gritar que ¡¡¡non!!!

Se non fumas melloras, e co fume

empeoras, se non queres espichar

deixa de fumar.

O tabaco pola mañá mata e

pola noite remata.

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

Se vas pola rúa e ves as persoas fumar

non mires para eles e grita déixao ¡xa!

Chester, malboro, ducados a mesma

merda son.

Que ten o cigarro que non o podes deixar.

Fumas pola tarde e pola mañá, pola noite

moito máis, que che pasa rapaz

¿non recordas? pola tarde hai que merendar,

pola mañá hai que almorzar, pola noite

non te esquezas de cear.

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

Non fumes coida o teu contorno,

carballos, castiñeiros, piñeiros, eucaliptos

agradecerancho; busca a vida nos bosques,

carballeiras, piñeirais, sobreiras, bidueiros

agradecerancho.

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume, vivir sen fume.

Con esta nova lei non fuma nin o rei.

Espazos abertos non contaminados todos

unidos cantamos:

Amar sen fume, comer sen fume,

durmir sen fume,

vivir sen fume

Despois de mandar todos os traballos,

de cumprir os prazos de entrega, de pasar

as probas de compromiso, unha mañá

chamaron ao centro para comunicar

que eramos gañadores dun dos premios

¡vaia sorpresa! Non lles dixemos nada aos

rapaces para que fose unha sorpresa

no acto de entrega de premios, esa tarde

foi inesquecible para os rapaces.

A viaxe foi moi divertida, xuntámonos con

outros dous centros tamén gañadores, os

rapaces fixeron novos amigos, todos unidos

polo mesmo sentimento “ vida sen tabaco”.

Coma titora animo a todos a participar

neste tipo de programas que fomentan

as metas da acción titoría: ensinar a pensar,

a ser persoas, a convivir, a comportarse,

a decidir. E a máis importante

implícanse o centro,

os rapaces e as

súas familias.

123

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!