29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6

A convivencia,

desde a lectura da educación

emocional e a excelencia persoal

Mireia Cabero Jounou

Grupo de Investigación en Orientación

Psicopedagóxica da Universidade de Barcelona

“We are not preparing children

for standard lives”

A Dra. Cristine Kunkel, directora da Key

Learning Community en Indianápolis 1 ,

recordaba no I Congreso de Intelixencias

Múltiples 2 celebrado en Barcelona estas

palabras de Patricia Bolaños, ex-directora

do centro. “Non estamos preparando os

nenos e nenas para unha vida estándar”.

Un sistema educativo que prepara os

nenos, nenas e adolescentes para unha

vida “estándar” non sempre é garantía

suficiente para o desenvolvemento integral

persoal capacitador para unha vida con

benestar e satisfacción persoal.

Un sistema educativo que prepara os

nenos, nenas e adolescentes para unha

vida con excelencia persoal seguramente si

é maior garantía de desenvolvemento

integral capacitador para unha vida con

benestar e satisfacción persoal.

“Tal vez esteamos facendo algo mal.

Tal vez esteamos deixando sen educar

unha parte importante da personalidade humana,

precisamente aquela que nos debía capacitar

para sermos felices”.

José Antonio Marina

¿Como vincular a excelencia persoal,

a educación emocional e a convivencia?

A educación emocional,

aprender a ser, aprender a convivir

O “Informe da UNESCO da Comisión

Internacional sobre a Educación para o

século XXI. A educación encerra un

tesouro” 3 expón que para que a educación

logre o propósito de facilitar o pleno

desenvolvemento integral da persoa debe

atender catro piares: aprender a coñecer,

aprender a facer, aprender a convivir,

e aprender a ser.

Os dous últimos piares remítennos á

intelixencia interpersoal e intrapersoal

de Howard Gardner 4 , os piares nos

cales se fundamenta o construto da

intelixencia emocional.

"Emotional Intelligence. The ability to

monitor and regulate one’s feelings and

those of others and to use feelings to guide

thought and action "5 . (A habilidade de

xestionar e regular as propias emocións

e as dos demais, e utilizalas para guiar

o pensamento e a acción).

"Educar é formar

persoas aptas para

gobernarse a si

mesmas, e non para

seren gobernadas

por outros"

(Herbert Spencer, 1820-1903)

O desenvolvemento das competencias

emocionais das persoas para o

conseguinte desenvolvemento da

intelixencia emocional dá lugar á

educación emocional, que responde

á necesidade social de desenvolver

competencias básicas para a vida que

garantan vivir con benestar psicolóxico,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!