29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

68

OBXECTIVOS DO PROXECTO

O proxecto ten como obxectivos:

I) Valores de respecto e compromiso

1. Coñecer a importancia histórica do mar

no contexto máis inmediato e as súas

repercusións na actualidade.

2. Fomentar o uso responsable do medio

mariño e das dúas inmediacións.

3. Comprender a importancia do concepto

de comunidade educativa cara ao

fomento de valores consensuados

no eido de conservación e coñecemento

do medio mariño.

4. Coñecer as realidades culturais

mariñeiras e a súa importancia

na sociedade.

5. Afianzar o compromiso do centro

co coñecemento da súa realidade

social mariñeira.

II) Estratexias educativas de traballo

1. Fomentar o traballo de campo no

alumnado, apoiado no manexo

de guías sobre xeografía, fauna

e flora mariña.

2. Observar directamente as especies

localizadas, para recoñecer as

características e estratexias que

facilitan a súa adaptación no medio.

3. Coñecer a existencia de especies

mariñas ameazadas.

4. Tomar conciencia das agresións

directas que o ser humano provoca

sobre estas especies, mesmo de forma

involuntaria, e saber propor actuacións

concretas para reducir os riscos.

5. Participar activamente no mantemento

do noso contorno, limpezas da praia,

recollida selectiva…

6. Realizar experiencias de cultivo

mariño na praia ou porto do contexto

máis próximo.

IIII) Coñecemento do medio mariño

1. Coñecer o equilibrio do medio mariño

e os factores que o sustentan.

2. Recoñecer e comprender o uso e abuso

das vedas.

3. Sensibilizarse ante a problemática

ambiental existente no contexto mariño

mais inmediato.

4. Adquirir valores de mantemento

e participación activa na protección

e mellora de natureza e das relacións

coa sociedade.

5. Favorecer unha actitude favorable cara

á cooperación con outras persoas,

axentes ou asociacións para a

resolución dos problemas ambientais.

6. Sensibilizarse ante a necesidade de

potenciar formas alternativas de

relación co medio.

7. Recoñecer os principais

acontecementos históricos relacionados

coa ría de Vigo

8. Comprender a necesidade e a utilidade

da conservación da ría de Vigo

e desenvolver actitudes de respecto

polo contorno en que se fomente

a conservación da natureza

e o mantemento da biodiversidade.

9. Coñecer e recoñecer os cambios que se

producen na ría debido á man do home.

10.Utilizar as novas tecnoloxías

como ferramenta de intercambio

de experiencias

3.1.5 COHERENCIA DO PROXECTO

CO PCC (PROXECTO CURRICULAR

DO CENTRO):

a. Cos obxectivos xerais

O proxecto favorece a introdución de

obxectivos e contidos coherentes coa

realidade da comunidade educativa.

E a súa introdución mediante centros de

interese axiliza a súa posta en práctica.

b. Coa distribución dos obxectivos

O proxecto é coherente coa lóxica interna

das materias xa que se presenta a través

de unidades didácticas.

Obxectivos e ciclos adaptados ás etapas

e ciclos dunha maneira cíclica e progresiva.

Na educación infantil traballarase

o proxecto en forma de xogos

Prim CI: xogos e aspectos xerais

Prim CII: aspectos xerais e analíticos

Prim CIII: aspectos máis analíticos das

unidades didácticas

c. Coa metodoloxía

O feito de traballar a “conciencia marítima”

dun xeito vivencial favorece a metodoloxía

presente no centro, ademais ao ser

o mesmo contexto inmediato o obxecto de

estudo favorece a aprendizaxe significativa.

d. Coa transversalidade

Este punto do PCC é inherente ao proxecto

posto que grazas á transversalidade se pode

incluír con coherencia a realidade curricular

da aula, fomentando valores cívicos,

de respecto polo ambiente, de saúde,

os fundamentos da súa dieta...

e. Cos ACNEE (alumnos con

necesidades educativas especiais)

A significatividade e a contextualización do

proxecto favorece a asimilación dos

contidos dunha maneira vivencial propicia

para alumnos con necesidades educativas.

f. Coa avaliación da práctica docente

A incorporación de prácticas de

autoavaliación do proxecto favorece a

reflexión sobre a propia práctica docente así

como un nivel obxectivo de logros e a súa

repercusión en canto á satisfacción da

comunidade educativa.

g. Co PAT (Plan de Acción Titorial)

Grazas á dinámica interna do PAT, permite o

seguimento do proceso do proxecto na aula

e as súas repercusión individuais,

así como facilita a coherencia educativa das

actuacións entre os profesores.

h. Coas programacións de ciclo

As incorporacións de novos obxectivos

transversais nas programacións de ciclo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!