29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

94

A educación é unha ferramenta imprescindible para o desenvolvemento de calquera pobo.

Aínda máis, nunha sociedade na cal o acceso á información resulta imprescindible.

Pero non só iso, senón que o “saber facer” e o “saber estar” son requisitos para aparecer,

para estar incorporados cun mínimo de igualdade de condicións.

Ata o de agora, o sistema educativo non supuxo para o conxunto da comunidade xitana

unha oportunidade para a súa incorporación efectiva a esta sociedade de unidades —individuos

e sistemas— competentes. Por esta razón é un motivo de ledicia e de orgullo para moitos dos

que intentamos provocar un cambio radical neste senso, os exemplos positivos que se van dando.

Xitanos:

itinerarios educativos de éxito

Susana Coromoto González Garrido

Técnica de Acción Social

Fundación Secretariado Xitano

O pasado 21 de abril de 2007, a Fundación

Secretariado Xitano (FSX) organizou o

II encontro anual de estudantes xitanos en

Galicia na cidade de Lugo. Mozas e mozos

estudantes do último ciclo de primaria,

ESO, ciclos de formación profesional

e tamén da universidade, ademais de

moitas/os das/os súas/seus nais e pais.

Non faltaron aqueles que retomaron o seu

itinerario formativo, ben no eido da

alfabetización ou da obtención do título de

graduado escolar e o acceso a ciclos, ben

na formación ocupacional ou na obtención

dos certificados de profesionalidade.

Alí expresánronse os medos e as

confianzas, os aspectos máis básicos e

tamén as pequenas anécdotas do discorrer

educativo de cada un dos asistentes,

pero sobre todo imperou o convencemento

de que a educación é a aposta gañadora e

inevitable para que cada xitana e xitano

sexa máis para si e para os demais, para

ter futuro, para ter presente, e mesmo para

recoñecerse no pasado.

Estes son algúns dos momentos

máis salientables e que queremos

destacar para achegar a visión dos

verdadeiros protagonistas:

IRENE JIMÉNEZ,

diplomada en Maxisterio:

“… vexo necesario un cambio, unha

evolución. A muller pode ser nai, esposa

ou coidadora como calquera outra

muller do mundo, pero tamén debe

poder traballar, decidir por si mesma a

súa vida… Meus pais son xitanos e

respectan as tradicións e as normas.

Dedícanse, ademais, á venda ambulante,

pero foron máis aló do que é frecuente

e decidiron que nós, a miña irmá e máis

eu, puideramos dedicarnos a outra

cousa, porque o seu é un oficio moi

duro, moi complicado. Así que case nos

obrigaron a seguir estudando…

A miña irmá e máis eu fomos estudar

fóra: ela a Salamanca e eu a Vigo, cando

nós somos de Ourense. Aí engádense

moitos elementos: muller, xitana,

solteira e estudando fóra pola súa conta:

un escándalo. Pero meus pais foron

fortes e loitaron por nós; non se botaron

para atrás”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!