29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

114

O recreo:

unha parte máis do proceso

formativo-educativo dos nosos nenos/as

Juan Manuel Míguez

Profesor do CEIP Brea Segade de Taragoña

Premio de innovación educativa da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria 2006

1. XUSTIFICACIÓN

Este traballo nace coa idea de axudar os

nenos e as nenas a procurar alternativas

para o seu tempo de ocio, así como de

mostrarlles un xeito de se divertiren mentres

se enriquecen no abeiro dunha «democracia

cultural». Para iso empregaremos os

medios físicos e humanos da escola, coa

intención de que esta non camiñe a

remolque do cambio social, senón que

mesmo sexa motor de arrinque.

Sen pretender impoñer nada de antemán,

pero organizando para o alumnado

diferentes espazos e actividades de xogo

así como tempos para a súa práctica,

consideramos que podería ser favorable

facer unha proposta, onde en todo o seu

conxunto fose vista como un GRAN XOGO

que denominaremos O NOSO PATIO EN

XOGO. Esta proposta desenvolveuse no CEP

Xosé Mª Brea Segade de Taragoña-Rianxo.

O feito de ser eu mesmo o profesor de

educación física do centro, axudoume para

que moitas das actividades propostas fosen

debidamente practicadas, xa que as

primeiras iniciativas sobre os xogos se

desenvolveron nas sesións de E.F.

2. METODOLOXÍA E ORGANIZACIÓN

O realmente salientable desta

proposta é o seu carácter integrador

e interdisciplinar, xa que ao longo do

curso será unha referencia clave para o

alumnado tanto a nivel de aprendizaxe

de novos contidos de áreas, como vivenciar

experiencias con novos compañeiros/as.

Utilizando o xogo como recurso

metodolóxico, esta experiencia ten unha

gran riqueza metodolóxica. Aínda que na

proposta xenérica de O noso patio en xogo

se utiliza un enfoque globalizador,

debemos ter en conta que moitos dos xogos

precisarán dun enfoque máis analítico,

no que o profesor non tomará un

protagonismo especial, senón que serán

os propios nenos/as os que mediante

estilos máis directos consigan a asimilación

e a aprendizaxe dos seus iguais.

O NOSO PATIO EN XOGO é unha

proposta onde os nenos e as nenas

dunha forma organizada participan

en diferentes actividades como:

xogos, administración de material,

xestión de competicións, elaboración de

novos xogos con material de refugallo,

lecto-escritura, música, …

Os espazos determinarán a distribución

e a organización dos alumnos ao longo

das actividades.

RECREO O NOSO PATIO EN XOGO

O fútbol actividade por excelencia.

Os espazos son na maioría utilizados

para o fútbol.

Alumnado pouco participante

en actividades variadas.

Conflitos constantes por xogar

no campo de fútbol.

Falta de participación sobre todo

no xénero feminino.

Alumnado discriminado ou apartado.

O fútbol un máis entre outros.

Cada actividade ou xogo ten un espazo.

Actividades variadas e acordes

coa idade do alumnado.

Os espazos utilízanse en función

do horario de recreo.

Todos se senten partícipes.

Coñecemento de formas variadas

de organización de actividades.

Implicación de todos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!