29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

128

Nos medios de comunicación aparecen, cada vez con máis frecuencia, noticias relacionadas con rapaces

e rapazas que maltratan os seus pais e nais. Insultos, ameazas, agresións físicas, intimidacións…

Trátase da síndrome do emperador, de fillos tiranos, dunha preocupante perda do sentido de culpa.

Os individuos que a padecen adoitan ser egocéntricos, con dificultades para socializarse e, sobre todo,

para poñerse no lugar dos demais. Consideran único o seu criterio e pensan que non existen máis

necesidades que as súas. Cando non as poden satisfacer, a súa frustración transfórmase en ira e

reaccionan de maneira violenta e agresiva.

Nos casos extremos, a gravidade dalgunhas situacións é tal que as familias chegan a solicitar das

administracións públicas que se fagan cargo dos seus fillos ou fillas e que asuman a súa tutela.

Afirman que non poden máis.

Noticias como esta producen un pasmo profundo na sociedade, que se sorprende incrédula ante tales

comportamentos. Do desconcerto inicial pásase ao convencemento de que se trata dun incidente puntual

e a continuación esquécese. Ata que volve aparecer outra noticia similar.

Unha análise da realidade confirma que, efectivamente, se trata de condutas que en ningún modo se

poden xeneralizar, pero sobre as que as estatísticas advirten que se multiplican nos últimos anos cunha

tendencia á alza. Tamén se fala de que baixa cada vez máis a idade dos suxeitos implicados nelas.

¿Que hai detrás destes comportamentos? ¿Como se xeran? ¿A educación pode axudar a evitalos?

¿Estamos ante a punta dun iceberg de dimensións incalculables?

A síndrome do emperador

Nenos e nenas que maltratan

os seus proxenitores

Concepción García Sánchez

Asesora Técnica da Consellería de Educación e O.U.

Para intentar coñecer un pouco máis deste

fenómeno, falamos con Fernando Márquez

Gallego, Xefe de Servizo de Programas de

Saúde Mental do SERGAS:

Dr. Márquez, gustaríanos saber se,

desde o seu exercicio profesional,

vostede ten constancia da existencia

deste fenómeno, e cal é a consideración

que lle merece.

— Sen dúbida, é un fenómeno que se pode

constatar na rede asistencial de saúde

mental. Forma parte, ou ben dun grupo de

trastornos que non teñen diagnóstico pero

precisan atención cando son de intensidade

leve ou moderada, ou ben, cando son máis

graves, do grupo dos trastornos de conduta.

Ambos os grupos están aumentando como

causa da demanda familiar ou escolar que

chega ás unidades de Saúde Mental

Infanto-xuvenil do SERGAS.

¿Cales son os comportamentos máis

comúns asociados á síndrome do

emperador?

Os comportamentos empezan a instalarse

paulatinamente dende a infancia.

Son nenos que “desbordan” a capacidade

de control dos pais. Os proxenitores son

xeralmente fráxiles e existe desacordo entre

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!