29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

20

VALORACIÓN

— Conseguiuse que os nenos/as

desfruten do tempo de ocio

e que coñezan unha gran variedade

de xogos.

— O profesorado ten claro que o patio

escolar é o espazo por excelencia onde

se pode poñer en práctica, e por iso

interiorizar aqueles aspectos das

habilidades sociais (asertividade,

empatía, …), do desenvolvemento

moral, do traballo en valores e da

resolución de conflitos, que de maneira

teórica, se traballaron nas titorías.

Por iso este espazo ten un papel tan

importante no noso proxecto.

— Por iso exiximos que os nosos

monitores sexan do mundo educativo

(monitor de tempo libre, ensinante en

paro, …), e ademais formámolos en

resolución de conflitos, xa que o seu

papel non é o de vixilante senón o de

educador, estreitamente coordinado co

equipo de profesores. Non hai que

esquecer que o alumnado que queda

no comedor pasa neste espazo o

43,7% do seu tempo escolar.

— Esta proposta de patio escolar,

en que xogan os rapaces e as rapazas

xuntos, axudounos máis que todas

as intervencións teóricas sobre a

igualdade de xénero, a que as

relacións entre rapaces e rapazas

sexan respectuosas, de igual a igual,

sen actitudes discriminatorias

nin sexistas.

— Cos xogos do mundo (que se fan dúas

semanas ao trimestre) obsérvase que

desfrutan practicando xogos doutros

pobos e culturas, o que os axuda a

apreciar outras manifestacións culturais.

Un 80% do alumnado manifesta que

participa a gusto nestes xogos.

— Esta proposta de xogos no patio que

naceu simplemente como unha

proposta organizativa, sorprendeunos

mesmo a nós pola gran repercusión

que tivo na mellora do clima escolar.

Ao ano da súa implantación os

conflitos rebaixáronse ao 10%;

reducíronse significativamente

os abusos de poder dos maiores

sobre os pequenos e dos rapaces

sobre as rapazas.

— Podemos dicir actualmente, que o noso

alumnado entendeu que o conflito é

algo consubstancial ás relacións

humanas, que non hai que velo como

algo negativo nin ocultalo e que o

importante é aprender a resolvelo

construtivamente, eliminando as

respostas violentas (físicas ou verbais)

e optando polas vías do diálogo, a

negociación e o acordo.

— Observamos ademais, que diminúen

as situacións de conflito porque

os pequenos desencontros os

resolven falando.

— Sorprendeunos gratamente o apoio

social que reciben os mediadores

tanto dos seus compañeiros, como das

familias e do profesorado. Parécelles

tan importante esta función, que a

presentación de alumnos voluntarios ás

eleccións é masiva.

— Despois de varios anos, podemos

dicir que é un proxecto moi

interesante, polo tipo de relacións

que axuda a establecer, tanto entre

adultos (profesores, pais, …) como

co alumnado

— Constatamos con ilusión que a

implicación dos nenos/as na

dinámica do centro, como

mediadores, responsables de xogos,

comisión de contorno, coidadores de

xardíns,…, os está a facer moito máis

autónomos e responsables en todas as

facetas da vida escolar.

— O profesorado é consciente e cremos

que as familias empezan a comprender,

que con este proxecto non

pretendemos soamente lograr un clima

escolar agradable senón tamén

desenvolver competencias que os

axuden a ter na súa vida adulta

unhas relacións sas cos demais.

1 AGUDO, D. Y OTROS (2001): Juegos de todas las

culturas. Editorial IOBE.

2 URANGA, MIREIA (1998): “Mediación, negociación y

habilidades para el conflicto en el marco escolar” en

CASAMAYOR, G.: Cómo dar respuesta a los

conflictos. La disciplina en la enseñanza secundaria.

Barcelona. Editorial Graò.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!