29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LAS CINCO MENTES DEL FUTURO.

UN ENSAYO EDUCATIVO.

Howard Gardner. 2005

Barcelona: Paidós. Asterisco

Neste breve ensaio, o profesor de cognición e

educación da Harvard Gradúate School of. Education e

autor da teoría das intelixencias múltiples, H. Garder,

describe as cinco tipos de mentes que, dende o seu

punto de vista, deberemos cultivar cara ao futuro:

a mente disciplinada (como a de Marie Curie), a mente

sintética (como a de Aristóteles), a mente creativa

(como a de Pablo Picasso), a mente respectuosa

(como a dos que protexeron a cidadáns xudeus

durante a Segunda Guerra Mundial) e a mente ética

LAS SIETE COMPETENCIAS BÁSICAS

PARA EDUCAR EN VALORES

Xus Martín García, Josep M. Puig Rovira

Editorial: Graó, Colección: Desarrollo personal

del profesorado, Barcelona 2007, 182 pax.

ISBN: 978-84-7827-509-0

A través dos oito capítulos que configuran o exemplar:

1. Revolución educativa e educación en valores 2. Ser un

mesmo 3. Recoñecer o outro 4. Facilitar o diálogo 5.

Regular a participación 6. Traballar en equipo 7. Facer

escola 8. Traballar en rede, Bibliografía recomendada,

páxinas web recomendadas, Referencias bibliográficas, os

autores presentan un conxunto de competencias persoais

e profesionais para educar en valores e os exercicios

correspondentes para adestralas. Seranos moi útil tanto ao

facérmonos cargo das titorías, así como se nos dedicamos

á educación para a cidadanía, se nos preocupamos polos

temas transversais, se formamos parte do equipo directivo,

se somos especialistas dunha materia ou mestres de

primaria. En todos os casos podemos sacar proveito

porque todos estamos sempre educando en valores.

(como a de Jean Monnet que axudou a que Europa

abandonase a súa actitude belixerante e

desenvolvese unhas institucións pacíficas).

Segundo as súas propostas, cada unha destas

“mentes” debe contribuír a que máis

persoas comprendan as mellores cualidades dos

seres humanos.

Neste momento en que “as competencias

básicas”, o novo paradigma sobre

a “educación para a convivencia” e outras

propostas educativas supoñen un reto na

formación do profesorado, este libro é un dos

instrumentos que máis poden contribuir á reflexión

sobre a educación que queremos.

CONSTRUCCIÓN DE UNA CIUDADANÍA

INTERCULTURAL Y RESPONSABLE.

GUÍA PARA EL PROFESORADO DE SECUNDARIA

Margarita Bartolome

Editorial: Narcea, S.A. de ediciones. Madrid 2007, 176 páx.

ISBN: 978-84-277-1553-0

A autoría da obra corresponde ao GREDI –Grup de

Recerca en Educació Intercultural– da Facultade de

Pedagoxía da Universidade de Barcelona, coordinado

por Margarita Bartolomé e Flor Cab.

¿Que valores, comportamentos e actitudes cívicas

caracterizan hoxe o bo cidadán ou cidadá? ¿Que

educación require a transmisión de valores cívicos?

A resposta a estas e outras preguntas poden orientar

a acción educativa do profesorado de secundaria, ante

o actual reto de educación para a cidadanía.

Neste libro proponse unha educación en valores

cívicos, entre outros, participación, responsabilidade

social, diversidade e diálogo, crítica social e solidaria,

equidade de xénero, defensa do ambiente e

PEDAGOGÍA DE LA CONVIVENCIA

Xesús J. Jares

Editorial: Graó, Colección: Biblioteca de Aula,

Barcelona 2006, 175 páx.

ISBN: 84-7827-451-0

Libro que xorde da experiencia persoal do autor

como profesor, formador de formadores, deseñador

e coordinador de programas de convivencia,

investigador, mediador e pai. É, pois, un libro

asentado na experiencia reflexiva, na investigación

en intervención en diferentes contextos educativos.

Pedagogía de la Convivencia é unha invitación ao

diálogo, á reflexión crítica e á intervención global

sobre un tema esencial para o noso modelo

educativo e social, ao tempo que intenta amosar

que educar para a convivencia dende criterios

democráticos é posible e necesario. Volume que

promoción dun desenvolvemento sustentable. Extracto

do índice: 1/ Educación para unha cidadanía crítica e

intercultural: ¿De que cidadáns e cidadás falamos? Un

novo concepto de cidadanía. Que implica a educación

para a cidadanía en secundaria. Dimensións da

cidadanía. 2/ O centro educativo, un espazo de

cidadanía: Novos retos/novas necesidades.

A participación do alumnado en secundaria. Cara a

unha transformación xeral do centro como espazo

para a cidadanía. Unha escola da comunidade e para

a comunidade. 3/ Educación cidadán no currículo:

Educación para a cidadanía: un espazo específico no

currículo. Ferramentas para a acción. Novo enfoque na

avaliación. 4/ Do centro educativo á comunidade:

Materiais para o desenvolvemento dunha cidadanía

activa: Un programa para aprender cidadanía.

Obxectivos. Módulos de aprendizaxe. Orientacións

para a aplicación do material. Material dos módulos.

5/ Exploración da cidadanía intercultural nos novos:

Coñecer para transformar. A xuventude ante a

cidadanía. Instrumentos diagnósticos. 6/ Bibliografía.

indaga nos marcos e contidos da pedagoxía da

convivencia- respecto, dereitos humanos, tenrura,

diálogo, solidariedade, perdón, esperanza, etc.

Ademais, expóñense os principais resultados da

investigación "Conflito e convivencia nos centros

educativos de secundaria". Os seguintes capítulos

sitúanse no ámbito das propostas e experiencias

ademais de presentarse diversas propostas para os

diferentes ámbitos do centro educativo. Figura,

tamén, a experiencia da posta en marcha do

servizo de mediación nun centro de secundaria.

Por último dous capítulos están dedicados ao papel

das familias na educación para a convivencia e

indagan as razóns do desencontro familias-centros

así como algunhas propostas para converter as

familias no primeiro laboratorio de resolución na

violenta de conflitos dende os primeiros anos.

135

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!