29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Memoria do Departamento de Filosofía

Condución e administración

dos praceres a través da pantalla.

Efectos na adolescencia

Profesor: Javier Turnes García

Alumnos: 1º e 2º de bacharelato. (Unha mención

especial para os alumnos do Obradoiro de Filosofía

Ágora-Spiris Animaux do IES Fernando Blanco, que

traballaron moitas tardes. Isto é interesante polo de

dinamizar as extraescolares)

A intención deste traballo arrinca dunha

constatación empírica sinxela: nas

sociedades capitalistas contemporáneas

acontece unha ambivalencia nas mensaxes

que se lles transmiten aos novos e por

extensión ao resto da cidadanía: por unha

banda as institucións exercen o seu labor

intervencionista e educativo lanzando

mensaxes dende os medios de

comunicación, mensaxes de control,

de constitución da identidade, de

prevención a todos os niveis: saúde,

condución, consumo, etc. Mensaxes que

en última instancia gardan unha gran

relación coa administración do pracer e a

consecución dunha suposta felicidade.

Por outra banda, eses mesmos medios de

comunicación lanzan mensaxes de

consumo feroz, consumo asociado case

univocamente coa consecución do pracer,

a constitución da identidade, o logro

dunha suposta felicidade

que, apelando

un superindividualismo latente,

son totalmente contraditorias coas

mensaxes institucionais.

Dende esta contraposición de mensaxes, que é

especialmente clara na cuestión que aquí nos

interesa, a saber: a contradicción explícita nas

actitudes que se fan chegar aos máis novos en

relación coa condución e o pracer: o obxectivo

é reflexionar sobre a xénese e a lexitimidade

desas propostas de vida, así como sobre as

súas consecuencias máis directas —sinistros,

mortalidade, danos físicos e mentais

irreparables, etc.— e indirectas —educación

para o pracer, promesa de felicidade, fascismo

da posesión, etc.—.

O punto de partida está relacionado coa

cuestión da sinistralidade nas estradas dos

novos: por unha banda preténdese un

control excesivo case apelando á represión

de instintos que se traducen en montaxes

publicitarias cun alto contido de violencia;

por outra, véndese unha felicidade e un

pracer directamente relacionados coa

tecnoloxía e a velocidade: dende os

anuncios publicitarios de automóbiles.

Este será o pretexto para construír un

produto-exposición que sirva á hora de

amosar estas contradiccións brutais

sen pretender lanzar ningunha

mensaxe dialéctico-sintética

e resolutoria do conflito,

senón amarralo e

facelo claro.

Consumo, condución e mocidade

na cultura do presente

Como ultras da novidade, dun tempo

sempre actual e libre de morte, os novos

atopan na saturada pantalla do consumo un

dos seus hábitats. Para eles, o estrondo do

último simboliza a posibilidade de liberarse

do mundo dos pais, do aburrimento do

herdado. A superstición tipicamente xuvenil

do tempo que corre sen nada permanente

nas súas entrañas, sempre actual e

dispoñible, deixando atrás toda idea tráxica

de destino, convértese nun modelo xeral.

A sociedade teme a xenerosidade dos novos,

a súa soidade, a súa rebeldía. De feito, non

deixa de manifestalo na duplicación da

carga escolar, na oferta cultural específica e

no constante temor á pantasma da violencia

xuvenil, acoso escolar, drogas, velocidade,

a rúa, os outros, etc. Protexidos da

influencia familiar pola institución escolar,

da influencia dos profesores pola

complicidade da pandilla ou da familia,

os novos manteñen un mundo propio

resistindo aos valores dos maiores.

O aparato cultural está posto ao servizo da

desactivación da enerxía potencialmente

rebelde da mocidade. Dende a ampliación

da escola obrigatoria ata a industria da

comunicación. A SOCIEDADE ENTEIRA

VAMPIRIZA A ADOLESCENCIA.

Dende o Obradoiro de Filosofía Ágora

constatamos tras unha análise do presente

que nas sociedades capitalistas actuais

destinamos á cultura da persuasión

mediática miles de millóns sen pestanexar

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!