29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ALGÚNS APUNTAMENTOS

SOBRE A PERMISIVIDADE

A permisividade, a longo prazo,

vólvese contra os adultos

e contra os propios nenos,

xa que:

> Debilita a súa vontade.

> Fai que se sintan inseguros

e indefensos.

> Crea individuos con baixa capacidade

de asumir comportamentos normativos,

imprescindibles cando se vive en

sociedade.

> Educa no egoísmo e na insolidariedade.

> Deixámolos sen modelos

a que recorrer cando se vexan nunha

situación persoal difícil.

Podemos prever as súas

consecuencias se:

> Trato de educar a súa vontade

desde pequeno.

> Poño límites á súa conduta.

> Non lle soluciono todas as súas

dificultades e deixo que traten

de solucionalas eles.

> Non o defendo cegamente

diante doutros adultos.

> Fomento a súa liberdade ligada

ao uso responsable dela.

> Confío nel e o reconveño se o seu

comportamento non se corresponde

á confianza depositada.

> Trato de educalo na corresponsabilidade

e lle ensino a colaborar activamente

nas tarefas da casa, ou da escola,

ou da vida en xeral.

> Se a miña conduta é un bo exemplo

para el.

CARTA DUN FILLO A TODOS OS PAIS E NAIS DO MUNDO

Este é un texto sobradamente coñecido. Durante un tempo foi pasando de man

en man entre os educadores. Trátase dunha suposta carta que un neno ou unha

nena, dirixe aos seus proxenitores. É un texto anónimo. Rescatámolo dunha páxina

do Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) porque,

a pesar do tempo e das matizacións que se lle queiran facer, segue aportando

puntos de partida para o debate a reflexión.

“Non me berres.

Respéctoche menos cando o fas. E ensínasme a berrar a min tamén,

e eu non quero facelo.

Trátame con amabilidade e cordialidade igual que aos teus amigos.

Que sexamos familia, non significa que non poidamos ser amigos.

Se fago algo malo, non me preguntes por que o fixen.

Ás veces nin eu mesmo o sei.

Non digas mentiras diante de min, nin me pidas que as diga por ti

(aínda que sexa para sacarte dun apuro).

Fas que perda a fe no que dis e síntome mal.

Cando te equivoques en algo, admíteo.

Mellorará a miña opinión de ti e ensinarasme a admitir tamén os meus erros.

Non me compares con ninguén, especialmente cos meus irmáns.

Se me fas parecer mellor que os demais, alguén vai sufrir

(e se me fas parecer peor, serei eu quen sufra).

Déixame valer por min mesmo.

Se ti o fas todo por min, eu non poderei aprender.

Non me deas sempre ordes.

Se en vez de ordenarme algo, mo pides, fareino máis axiña e máis a gusto.

Non cambies de opinión tan a miúdo sobre o que debo facer.

Decide e mantén esa posición.

Cumpre as promesas, boas ou malas.

Se me prometes un premio, dámo, pero tamén se é un castigo.

Trata de comprenderme e axudarme.

Cando te conte un problema, non me digas:

“iso non ten importancia…” porque para mi si que a ten.

Non me digas que faga algo que ti non fas.

Eu aprenderei e farei sempre o que ti fagas, aínda que non mo digas.

Pero nunca farei o que ti digas e non fagas.

Non me deas todo o que te pido.

A veces, só pido para ver canto podo recibir.

Quéreme e dimo.

A min gústame oírcho dicir, aínda que ti non creas necesario dicirmo”.

131

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!