29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

44

Unha proposta da Asemblea de Cooperación pola Paz para a educación intercultural

Escolas sen racismo:

escolas para a paz

e o desenvolvemento

Colectivo da Asemblea de Cooperación pola Paz

para a educación intercultural

Introdución

A falta de comprensión dos fenómenos

sociais está detrás de lacras como a

xenofobia, o racismo, o sexismo,

a discriminación “dos outros” ou a violencia.

Os rápidos cambios sociais en España

están causando non poucos conflitos

debido a unhas crenzas obsoletas e a uns

valores, actitudes e prexuízos que non

axudan en nada á convivencia. É máis

necesario que nunca un cambio de valores

e a educación imponse como motor

fundamental deste cambio. Para iso,

é imprescindible formar persoas que sexan

capaces de pensar por si mesmas e

comprender as causas das dinámicas que

teñen lugar na nosa sociedade e que

aprendan a vivir en paz, en solidariedade

e nun medio multicultural e non violento.

Estes son os alicerces en que se fundan os

proxectos educativos englobados en ESR,

da ONG Asemblea de Cooperación pola Paz

(ACPP), que pretende fomentar a

solidariedade, a cooperación ao

desenvolvemento, a educación para a paz

e a defensa dos dereitos humanos.

Cremos que a educación en valores,

e dentro dela a educación para a paz e o

desenvolvemento, adquire cada vez máis

importancia como eixe transversal dos

currículos dos centros educativos.

Para acadar estes obxectivos,

é fundamental atopar un método que

cumpra dúas funcións: atraer interese do

alumnado a través de xogos e unha

linguaxe próxima e ao mesmo tempo

otourgarlles aos rapaces e rapazas o papel

protagonista do seu propio pensamento.

Isto implica deixarlles moita liberdade e

iniciativa para que vaian descubrindo

aspectos da realidade social por si mesmos

e se formen nas súas propias ideas

e opinións despois de coñecer todos os

elementos do fenómeno de que se trate.

Neste sentido, non consideramos positivo

empregar unha proposta moralista

e doutrinaria, senón que se opta por

presentarlle ao alumnado os feitos e

fomentar que eles mesmos fagan preguntas

e traten de dar as súas propias respostas.

Os diferentes proxectos educativos de ACPP

propóñense como un apoio para os

profesores á hora de que na aula, de

maneira transversal, se xere un debate e un

afondamento nestes temas. A participación

de toda a comunidade educativa, moi

especialmente os pais, nais e profesores,

é esencial para que as actividades

organizadas por ACPP inciten a crear e

consolidar unha cultura de paz, de respecto

e solidariedade e formen uns cidadáns

activos, conscientes e donos do seu propio

pensamento, que saiban que a súa

participación na sociedade é clave á hora

de promover e difundir valores como os

dereitos humanos, a paz, a solidariedade e

a tolerancia.

Dende o ano 2001 ACPP leva adiante un

proxecto integral de educación pola paz e

solidariedade nas escolas, que se chama

Escolas Sen Racismo. Trátase dun

programa de ámbito europeo que pretende

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!