29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

No CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas decidimos ao principio do curso formar o grupo

de traballo para desenvolver o proxecto: “Recursos e estratexias para promover a equidade

de xénero nos centros educativos”.

O noso centro é moi pequeno temos 135 alumnos e alumnas e somos 26 docentes traballando

dende infantil a cuarto de ESO.

Está situado nunha poboación do rural galego, en zona de montaña con pouca densidade de poboación

e bastante illado de núcleos poboacionais importantes. A poboación da zona é de idade avanzada,

viven principalmente da agricultura, gandaría, traballo no sector servizos e pensións de xubilación.

Estudo e análise da influencia

do xénero nos comportamentos

e actitudes do alumnado

Ana Mª López Pena

CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas (Ourense)

O grupo de traballo formámolo catro

profesoras (dúas de ensino secundario

e dúas de ensino primario) e tres profesores

de ensino secundario. É o primeiro curso

que se traballa en grupo sobre un tema

transversal, e decidiuse así polas

inquedanzas persoais de membros do

grupo de traballo e porque as

características da zona poden agravar

situacións de discriminación de xénero.

Comezamos o noso proxecto

documentándonos e realizando unha

enquisa ao alumnado para investigar se

tiñan ou non (e de ter, en que medida)

comportamentos e opinións sexistas.

Consideramos que a análise da situación

era o primeiro paso para deseñar

actividades posteriores coas que traballar

cos nosos alumnos e coas nosas alumnas.

Decidimos pasarlle a enquisa aos

45 rapaces e ás 34 rapazas da ESO

e de 5º e 6º de ensino primario.

A estes últimos omitíronselles as preguntas

que consideramos inadecuadas para

a súa idade.

Neste artigo trataremos de mostrar

os principais resultados obtidos.

Comezamos indagando as características

xerais dos fogares do alumnado pola

influencia que poden ter na asunción de

comportamentos e actitudes. Investigouse a

profesión das e dos proxenitores resultando

que o sector terciario é, con diferenza,

no que traballan a maior parte das nais e pais

(preto dun 45%* en ambos os dous sexos).

É destacable, pola imaxe que presenta para

a súa proxenie na repartición das tarefas

domésticas, que máis do 49% das nais son

amas de casa e que non o é ningún pai.

Outro dato salientable é a elevada

porcentaxe de pais que traballan no sector

primario (preto dun 32%) fronte á reducida

porcentaxe da nais neste sector (pouco

máis do 4%).

O desempeño das tarefas domésticas

é un labor pouco recoñecido e continuo.

Como sucede no resto da sociedade,

nas respostas do noso alumnado vese que

recae principalmente sobre a poboación

feminina. A porcentaxe de alumnas que

realizan habitualmente a limpeza da casa

(non incluído o seu cuarto), fan a comida

e fregan a louza triplica ao de alumnos que

fan estes labores. A de alumnas que fan

a compra diaria duplica ao de alumnos no

mesmo traballo e está preto de darse esta

porcentaxe na tarefa de poñer a mesa.

Pola contra, o número de alumnos que

realizan pequenos arranxos domésticos

triplica ao de alumnas que os fan.

Aparece aquí un aspecto no cal debemos

traballar pola procura da igualdade entre

homes e mulleres.

83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!