29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

procesos son dous mecanismos

poderosos á hora de convencer.

3. Ser valorado e revisado para

pulir defectos e realizar axustes que

melloren a súa efectividade.

Unificación de criterios. A aplicación de

medidas comúns a todo un centro ou equipo

docente potencia a eficacia e o poder destas

medidas; polo contrario, a disparidade de

criterios debilita a capacidade do profesorado

de influír sobre os alumnos. Polo tanto, é

crucial poñerse de acordo e comprometerse

colectivamente na decisión e aplicación de

procedementos. Para iso, axuda a

simplicidade das normas e medidas que se

aplicarán, así como o curto número delas.

Neste aspecto, ten especial importancia a

potenciación dos equipos docentes (os

“inexistentes equipos docentes”), cuxo

funcionamento coordinado é unha

necesidade inaprazable.

Espir os problemas: a firmeza relaxada.

Os conflitos acostuman ir acompañados de

circunstancias que os agravan e non son

inherentes ao propio conflito, senón

consecuencia da forma de afrontalo.

O enfado explosivo do profesor, os gritos e

acusacións, a tensión ou os comentarios

sarcásticos son algunhas das vestimentas

que acostuman adornar as intervencións

disciplinarias e que os agravan

innecesariamente, sen engadir nada positivo

de cara á súa resolución. Convén pois espir o

problema e despoxalo, na medida do posible,

de todos os aditamentos emocionais posibles

para afrontalo da forma máis relaxada e

despersonalizada posible, pois así se facilita

unha solución efectiva e satisfactoria para

todos. A firmeza non ten por que levar

aparelladas tensión e reaccións

encolerizadas, que adoitan reforzar as

condutas que se queren inhibir, producindo

resultados non desexados. A maioría dos

conflitos nas aulas derivan dun choque de

roles: un profesor/a que obriga a realizar

tarefas, e un alumno/a que se sente obrigado

e non acepta esta imposición, rebelándose.

Non deberían ser por tanto conflitos persoais,

pero acábano parecendo, polas connotacións

que os acompañan: gritos, ameazas, enfados,

crispación, etc. Se o profesor/a afronta os

conflitos como algo persoal (o que é

demasiado frecuente), entra na dinámica

Táboa 1. Disciplina proactiva e reactiva

DISCIPLINA PROACTIVA DISCIPLINA REACTIVA

Actúa a priori, Actúa a posteriori,

anticípase aos problemas segue aos problemas

Intenta resolver o futuro Intenta resolver o pasado

Considera a orde como un medio Considera a orde como un fin

para facilitar a aprendizaxe en si mesmo

Busca construír a convivencia Busca axustar contas, deixar saldos a cero

Ve os conflitos como unha ocasión Ve os conflitos como un problema

Ve os conflitos como algo natural Ve os conflitos como algo extraordinario

e positivo e negativo

“Isto merece ser analizado “Isto merece un castigo”

para que non volva suceder”

preferida dos alumnos problemáticos, pois

permítelles establecer unha pugna coa

persoa que lles está obrigando a facer

o que non queren facer.

Adoptar unha perspectiva proactiva.

Unha perspectiva proactiva na xestión da

convivencia é a que intenta resolver os

conflitos futuros aproveitando os conflitos

actuais (“que debo facer para que non volva

suceder”), fronte a unha perspectiva reactiva,

centrada en resolver os problemas pasados e

saldar as contas (“isto merece un

escarmento”, “isto non pode quedar así”).

A perspectiva proactiva converte a resolución

dun conflito actual en prevención dun conflito

futuro (táboa 1). Por exemplo, adiar unha

medida disciplinaria ligando a súa aplicación

(ou non aplicación) a un cambio na conduta

futura do alumno supón poñer o acento en

cambiar condutas futuras do alumno máis

que en castigar polos feitos pasados.

Usar as medidas punitivas como último

recurso. As medidas punitivas, polos seus

efectos secundarios negativos, deben ser o

último recurso ao cal acudir. Sempre serán

preferibles intervencións encamiñadas a

“enganchar” o alumnado na dinámica da

clase, e só cando as estratexias

motivacionais e instrucionais non desen

resultado e a non-intervención do

profesorado poida xerar males maiores,

como a deterioración do clima da clase ou a

interferencia no traballo doutros alumnos, se

debería pasar ao uso de medidas punitivas.

Bibliografía

ALONSO TAPIA, J. (1997): Motivar para el aprendizaje.

Edebé.

BURGUET, M. (1999): El educador como gestor de

conflictos. Desclée De Brouwer.

CARUANA, A. et al (2003): Propuestas y experiencias

educativas para mejorar la convivencia. CEFIRE Elda.

CASAMAYOR, G. (1988): La disciplina a l’escola. Graó.

CASAMAYOR, G. et al (1998): Cómo dar respuesta a

los conflictos. Graó.

COLL, C. et ao (1999): Psicología de la instrucción:

la enseñanza y el aprendizaje en la Educación

Secundaria. ICE de Barcelona-Horsori.

CRESPO, MARÍA (2002): El estrés docente: estrategias

para combatirlo. Santillana.

CURWIN, R.L. e MENDLER, A.N. (1987): La disciplina

en clase. Narcea.

DAVIS, G.A. (1989): Escuelas eficaces y profesores

eficientes. a Muralla.

FERNÁNDEZ, I.(1998): Prevención de la violencia

y resolución de conflictos. Narcea.

FONTANA, D. (1989): La disciplina en el aula. Santillana.

GORDON, T. (1979): M. E. T. Maestros eficaz

y técnicamente preparados. Diana

GOTZENS, C. (1997): La disciplina escolar.

ICE de Barcelona-Horsori.

ORTEGA, R. (coord.): Educar la convivencia para

prevenir la violencia. Antonio Machado Libros.

RODRÍGUEZ, R. I. e LUCA DE TENA, C. (2001):

Programa de disciplina en la ESO. Aljibe.

RODRÍGUEZ, R. I. e LUCA DE TENA, C. (2001):

Programa de motivación en la ESO. Aljibe.

RODRÍGUEZ, R. I. y LUCA DE TENA, C.(2001):

Programa de habilidades sociales en la ESO. Alijbe.

SANTOS GUERRA, M. A. (1994): Entre bastidores:

el lado oculto de la organización escolar. Aljibe.

VAELLO ORTS, J. (2003): Resolución de conflictos

en el aula. Santillana.

VAELLO ORTS, J. (2005): Habilidades sociales

en el aula. Santillana.

VALLÉS, A. (1988): Modificación de la conducta

problemática del alumno. Marfil.

VALLÉS, A. y VALLÉS, C. (1996): Las habilidades

sociales en la escuela. EOS.

ZABALA, A. (1995): La práctica educativa. Graó.

5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!