29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

90

teóricos sobre a danza, senón que

orienta o seu traballo á aprendizaxe

dalgúns bailes que non presenten

dificultade (tense en conta a idade dos

nenos e o pouco tempo de que se dispón).

Logo, no concerto final, os nenos/as

poderán mostrar con eses bailes, aos

compañeiros e profesores de colexio, a súa

habilidade para a danza. Esta actividade

axúdaos a desenvolver as súas

capacidades motrices, a mellorar a súa

relación cos compañeiros e a romper

o medo ao temido escenario.

Bailando pasámolo moi ben e desfrutamos

unha música distinta á que escoitamos

habitualmente.

Obradoiro de construción

de instrumentos

A finalidade do obradoiro é construír

“instrumentos musicais” valéndonos de

materiais de refugallo. Aproveitamos

táboas, chapas e latas de bebidas, botes de

iogur, botellas de plástico pequenas, canas,

tubos, rolos de cartón duro, pallas de

refresco, noces, cocos e todo aquilo que,

nun principio, parece ter un só destino: o

contedor. Con imaxinación, entusiasmo e

ganas de participar no obradoiro,

descubriremos uns sons diferentes que

poden conseguir uns ritmos incribles.

Obradoiro de tecnoloxía musical

Este obradoiro está pensado para alumnado

de 6º de primaria, os maiores do colexio.

Convertemos a aula nun sinxelo estudio de

gravación onde recreamos o proceso

de elaboración dun disco, a montaxe de

efectos sonoros para un filme e onde

descubrimos as aplicacións da tecnoloxía

nos estudios de radio. Levamos o noso

equipamento de gravación e enchemos

a clase de cables, micrófonos, mesa de

mesturas, teclado e altofalantes.

O resultado, mellor ou peor, é obra dos

participantes. Eles poñen toda a carne no

asador e, ao final, comproban e valoran

o seu traballo.

Na hora e media que dura a sesión,

non hai tempo para o aburrimento.

Na segunda parte ofrecemos unha

actuación moi singular, na cal utilizamos,

ademais da voz, instrumentos escolares,

frautas, clarinete, tuba, acordeón, guitarras,

baixo, batería, etc.

¿Como se imaxinan o GAME?

Nun principio pode que ninguén se imaxine

como pode ser unha actuación do GAME,

a nós mesmos, incluso, cústanos explicalo

de palabra. No noso espectáculo hai, claro

está, interpretación musical, pero damos

cabida tamén á sorpresa, á creatividade,

ao humor, á expresión dramática e, sobre

todo, procuramos que participen ao máximo

os nenos/as. Somos conscientes de que en

ningunha outra comunidade autónoma

existe un grupo das nosas características,

non esquezamos que todos somos

docentes que traballamos de luns a venres

nos nosos respectivos colexios.

Quizais a mellor maneira de explicar como

somos, como actuamos, como entendemos

e enfocamos o noso traballo, sexa mostrando

unha serie de fotografías dos nosos

obradoiros e actuacións máis recentes.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!