29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

28

Partindo desta análise, no grupo de traballo

sobre “Mediación e resolución de

conflitos” chegamos ás seguintes

conclusións sobre os distintos métodos de

resolución de conflitos:

O modelo punitivo sancionador (aplicado

habitualmente no centro) produce unha

resposta que a curto prazo pode aliviar, polo

efecto de diferir o problema, pero que

presenta un prognóstico negativo a medio e

longo prazo, posto que non consegue a

pretendida paz, senón que polo contrario

produce resentimento e afastamento,

lexitima un estilo de exercer a autoridade

con indubidables limitacións de tipo ético e

práctico. O alumnado aprende do que ve

e vive, e ensinámoslle que a forma de

resolver conflitos é a imposición, aprende a

utilizar este mesmo procedemento para

resolver problemas nas súas relacións

persoais. Tendo en conta as limitacións

deste modelo parece claro que debemos

incidir na relación directa vítima-agresor,

posto que é este o espazo natural onde se

produce a violencia e o dano.

No modelo integrado (e relacional) o

poder de resolución do conflito trasládase á

relación (comunicación directa entre as

partes). As partes, por propia iniciativa ou

animados por outros, buscan a solución

aos seus problemas de xeito que, a través

do diálogo, traten de chegar a unha

resolución do conflito. A vítima pode recibir

unha restitución material, inmaterial ou

moral por parte do agresor, quen pola súa

vez libera a culpa.

Neste modelo a comunidade educativa sabe

que ante os conflitos se está actuando, e

ademais, de xeito humanizado. Obviamente,

o centro é un elemento activo no proceso

ao outorgar lexitimidade e estatus á

estrutura organizativa dedicada á resolución

dos conflitos (departamento de Mediación).

É un modelo que une os modelos

restaurativo e retributivo e obtén como

resultado unha autoridade máis

consistente e educativa. Ademais de previr

a aparición da violencia contribúe a

incorporar nos centros estratexias pacíficas

para a solución de problemas e a toma de

decisións, favorecendo deste xeito o clima

da aula e o centro.

Sendo así, a conclusión non pode ser

outra que rexeitar modelos de resolución

baseados unicamente na sanción

e afirmar tamén a necesidade de aplicar

novos modelos de resolución pacífica

e democrática.

Polo tanto, optamos polo modelo integrado

sabendo que exixe contar no centro

con capacidades e estruturas que

potencien o diálogo.

Neste momento o grupo tiña rematadas

tres fases do proxecto: a creación das

necesarias condicións para poder abordar

a cuestión da convivencia, a revisión xeral

da convivencia no centro e a busca

de solucións.

A partir de aquí a seguinte fase consistía en

planificar a convivencia no centro e para iso

propuxémonos entrar na rede Valoraconvivencia

a través da presentación do

proxecto que finalmente foi premiado en

xaneiro do 2007: “Mediación e resolución

de conflitos no ámbito escolar”.

Nesta fase buscamos a participación

de toda a comunidade educativa e contamos

con 18 voluntarios do alumnado, un membro

da ANPA, un membro da asociación Vieiro

e 20 membros do profesorado do centro.

Decidimos dividirnos en catro grupos:

— Un grupo dedicouse ao estudo e

elaboración de propostas para a

modificación do PEC, PCC e RRI.

— Outro grupo redactou os protocolos

sobre mediación.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!