29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

32

Con este proxecto quixemos facer reflexionar conxuntamente o profesorado e o alumnado

do centro sobre a importancia de “tratarse ben”, entendendo por isto un amplo conxunto

de comportamentos que abranguen desde camiñar a modo para evitar accidentes

ata a comprensión de conceptos moito máis abstractos como o respecto ás diferenzas,

a tolerancia, a colaboración, a aprendizaxe entre iguais, etc.

Proxecto didáctico:

A transversalidade

na educación

Carmen Valcárcel Juárez (coordinadora)

Margarita Mouriño Lourido

Mª Ermitas Pérez Rey

Matilde Villar Gómez

CEIP Carlos Casares. Nigrán

Campo de traballo:

Todos os cursos de educación infantil

e primaria.

Xustificación

Desde a nosa práctica docente diaria,

constatamos a necesidade de que as nosas

alumnas e alumnos analicen o seu

comportamento cotián e vexan as

consecuencias das súas actuacións: se

baixan as escaleiras correndo atropelan os

que van máis lentos, se ridiculizan a unha

compañeira provócanlle sentimentos de

vergonza e inseguridade, se non perdoan a

quen os molestou ou mancou manteñen esa

situación de enfado... En fin, se non

coidamos eses mil e un detalles que

constitúen a convivencia diaria non

conseguiremos que esta sexa un medio

agradable; é máis, pode ocorrer que mesmo

sexa un lugar francamente penoso para

alguén que se sinta marxinado,

incomprendido, non respectado na súa

particular diferenza ou simplemente que non

reciba o suficiente cariño, que non teña

axudas dabondo ou que non poida xogar.

Todo isto se enmarca nunha situación xeral a

nivel mundial caracterizada pola presenza

constante de guerras, racismo, violencia a

todos os niveis... e na nosa sociedade

en particular con alarmantes movementos

migratorios, malos tratos a mulleres,

programas de televisión violentos —mesmo

na supostamente protexida franxa horaria

infantil— etc.

“Se convivimos tanto anaco...

por que non darnos

o mellor trato?”

No noso centro estamos convencidas da

importancia da educación en valores como

único xeito de preparar persoas capaces de

construír un mundo mellor. Detectamos,

ademais, unha ampliación das funcións da

escola como axente de socialización, dado

que o crecente ascenso de demandas sociais

se corresponde paralelamente co feito de que

moitas familias renuncian —ou tal vez non

son conscientes da súa obriga— a parte do

seu labor educativo, moitos por falta de

tempo para dedicarlles ás súas fillas e fillos.

Pero desde a escola non é doado introducir

estes valores na concepción disciplinar do

currículo; cómpre usar os temas transversais

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!