29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Traballamos no laboratorio

Unha vez no laboratorio iniciamos os revelados

de película e copias. Extraemos a película,

introducímola no tarro de revelado despois

de envolvela na espiral e tapamos, ás escuras.

A continuación fabricamos os tres líquidos

seguindo as instrucións indicadas nos

prospectos en canto a mesturas

proporcionadas e temperaturas propostas.

Unha vez obtidos os tres líquidos

(revelador, paro e fixador) procedemos á

súa introdución no tarro medindo os tempos

de permanencia de cada un deles.

Agora chegou a hora de abrir e comprobar

o resultado. É un momento de grande

expectación: resultados satisfactorios.

Colgamos a película despois de ben

lavadiña con auga a esperar o secado.

Esperaremos á seguinte sesión para iniciar

a elaboración das copias en cartón.

Agora entramos na fase máis vistosa

e de maior atractivo para os alumnos.

Chegou a hora da fabricación das copias.

Preparamos tres cubetas cos seus líquidos:

— revelador, a partir da mestura de auga

e o revelador concentrado na

proporción indicada polo fabricante

(concentración superior á do líquido

revelador de película usado

anteriormente)

— baño de paro. Aproveitamos o xa

fabricado para revelar a película.

— fixador: tamén aproveitamos

o do revelado da película.

Quentamos os tres líquidos ata unha

temperatura duns 20º C e vertemos cada un

na súa cubeta. A continuación preparamos a

película (negativo) na máquina ampliadora,

practicamos o enfoque, tamaño de copia, filtro

vermello, tempo de exposición, interposición

de modelos. Todo esta fase xa se realiza cunha

tenue luz vermella (aprox. 10W) o que lle

confire un aire de certo misterio. Colocamos

o cartón fotográfico e... a ver que sae! Cada

membro do grupo vai traballando nas súas

copias seguindo unhas breves explicacións.

Mergulla os cartóns impresionados nos

líquidos. As imaxes van aparecendo non sen

xestos de sorpresa e admiración, case maxia,

segundo comentarios oídos.

Agora entramos na fase da avaliación na cal

comentamos os resultados obtidos.

Vemos os erros cometidos e tratamos

de explicar os seus motivos. Pero tamén nos

alegramos cando o produto obtido resulta

dunha calidade aceptable para o contexto.

Ao longo do curso foron pasando varios

grupos de alumnos por este obradoiro.

Cos traballos de todos eles imos

completando unha pequena exposición

que situamos nos corredores do centro.

Bibliografía:

RIVERO, Marita; FERNANDEZ, Narcís (1978):

“Hacemos fotos?” Ed. Instituto Parramón

RIVERO, Marita; FERNANDEZ, Narcís (1979):

“En el cuarto oscuro” Ed. Instituto Parramón

125

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!