29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2

“A escola tradicional consideraba a orde un fin en si mesma

e os problemas de conduta como ofensas persoais, desde unha visión

das relacións alumno-profesor impersoais, de desconfianza. O enfoque

humanista considera a aprendizaxe desde un punto de vista psicolóxico

e sociolóxico, máis que moral, facendo fincapé nas relacións persoais,

o respecto, a democracia ou o afecto. É dicir, trátase de ensinar

e que aprendan, pero sen provocar aversión cara á aprendizaxe,

e de conseguir orde, pero sen provocar odio”.

(Santos Guerra)

Resolución de conflitos:

estratexias e habilidades

Juan Vaello Orts

Director do IES Bernat de Sarriá. Benidorm

O problema

Dar clase é unha tarefa complicada,

pero facelo aos que non queren, moito

máis. Se encerramos dúas persoas nun

cuarto durante un longo período de tempo,

co encargo a unha delas de obrigar a outra

a realizar tarefas contra a súa vontade,

o resultado sería unha probable rebeldía da

persoa obrigada. ¿Interpretaríamos esta

postura como froito do carácter conflitivo da

persoa obrigada? ¿Teriamos dereito a

etiquetala como problemática? ¿Onde está

o problema: na persoa obrigada, na que

obriga ou na situación? É evidente o

paralelismo deste exemplo co escenario

que se presenta nos niveis educativos

obrigatorios, especialmente en idades

próximas á adolescencia, onde a

obrigatoriedade xera xa de entrada

determinadas reaccións en contra, non

atribuíbles exclusivamente ao alumno nin ao

profesorado, senón máis ben á situación a

que un e outro están expostos. Nesta

situación potencialmente conflitiva o conflito

non é algo excepcional, senón máis ben a

consecuencia natural e lóxica, derivada da

propia natureza situacional. Non obstante,

tamén é certo que, partindo desta situación,

hai profesores capaces de transformar esta

situación nunha actividade estimulante e

atractiva, mentres outros contribúen a que a

sensación de obrigatoriedade aumente.

Ante esta situación, ao profesorado non lle

cabe outra alternativa que adaptarse

funcionalmente, aprendendo a manexar no

seu propio beneficio unha serie de variables

que lle permitan crear un clima favorecedor

da aprendizaxe e da convivencia.

As solucións

Aínda que o diagnóstico non é complicado

de realizar, as dificultades aparecen cando

buscamos o tratamento que se debe

aplicar. A primeira dificultade que se

presenta é a cantidade de elementos

implicados no proceso educativo e

socializador. Un enfoque integral da

cuestión debería incluír unha serie de

axentes supraescolares como a

Administración educativa, a Administración

xudicial e policial, concellos, entidades

culturais e sociais, ou servizos de saúde

física e mental, ademais das familias.

Porén, só temos control sobre os procesos

que cada centro educativo e cada profesor

ou profesora poden levar a cabo, polo que

neste traballo nos centraremos niso.

Algunhas recomendacións que se deben ter

en conta son as seguintes:

Contemplar os conflitos como unha

ocasión de medrar e formarse. Nos

niveis obrigatorios de ensino, as tarefas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!