29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

con satisfacción persoal, con felicidade,

creándose consecuentemente contornos

comunitarios potenciadores en lugar de

limitadores, e prosociais e cooperativos

en lugar de eminentemente competitivos

e individualistas.

Entendemos a competencia emocional

como o conxunto de coñecementos,

capacidades, habilidades e actitudes

necesarias para comprender, expresar e

regular de forma apropiada os fenómenos

emocionais (Bisquerra, 2003); e a

educación emocional como un proceso

educativo, continuo e permanente, que

pretende potenciar o desenvolvemento

das competencias emocionais como

elemento esencial do desenvolvemento

integral da persoa, con obxecto de

capacitala para a vida. Todo isto ten como

finalidade aumentar o benestar persoal e

social (Bisquerra, 2000).

O modelo de desenvolvemento

competencial do grupo 6 , liderado polo

Dr. Rafael Bisquerra, propón o

desenvolvemento das cinco competencias

básicas: conciencia emocional,

regulación emocional, autonomía

persoal, intelixencia interpersoal,

e as habilidades de vida e benestar.

1. Conciencia emocional. Capacidade para

tomar conciencia das propias emocións e

das emocións dos demais, incluíndo a

habilidade para captar o clima emocional

dun contexto determinado.

1.1. Toma de conciencia das propias

emocións: capacidade para percibir con

precisión os propios sentimentos e

emocións; identificalos e etiquetalos.

Isto inclúe a posibilidade de estar

experimentando emocións múltiples.

A niveis de maior madurez, conciencia

de que un pode non ser consciente dos

propios sentimentos debido a

inatención selectiva ou dinámicas

inconscientes.

1.2. Dar nome ás propias emocións:

habilidade para utilizar o vocabulario

emocional e os termos expresivos

habitualmente dispoñibles

nunha cultura para etiquetar as

propias emocións.

1.3. Comprensión das emocións dos

demais: capacidade para percibir con

precisión as emocións e perspectivas

dos demais. Saber servirse das claves

situacionais e expresivas (comunicación

verbal e non verbal) que teñen un certo

grao de consenso cultural para o

significado emocional. Capacidade para

implicarse empaticamente nas

experiencias emocionais dos demais.

2. Regulación emocional. Capacidade

para manexar as emocións de forma

apropiada. Supón tomar conciencia da

relación entre emoción, cognición e

comportamento; ter boas estratexias de

afrontamento; capacidade para

autoxerar emocións positivas, etc.

2.1. Tomar conciencia da interacción entre

emoción, cognición e comportamento:

os estados emocionais inciden no

comportamento e estes na emoción;

ambos poden regularse pola cognición

(razoamento, conciencia).

2.2. Expresión emocional: capacidade para

expresar as emocións de forma

apropiada. Habilidade para comprender

que o estado emocional interno non

necesita corresponder coa expresión

externa, tanto nun mesmo como nos

demais. En niveis de maior madurez,

comprensión de que a propia expresión

emocional pode impresionar a outros,

e ter isto en conta na forma de

presentarse a si mesmo.

2.3. Capacidade para a regulación

emocional: os propios sentimentos e

emocións deben ser regulados.

Isto inclúe autocontrol da impulsividade

(ira, violencia, comportamentos

de risco) e tolerancia á frustración para

previr estados emocionais negativos

(estrés, ansiedade, depresión), entre

outros aspectos.

2.4. Habilidades de afrontamento:

habilidade para afrontar emocións

negativas mediante a utilización de

estratexias de autorregulación que

melloren a intensidade e a duración

de tales estados emocionais.

2.5. Competencia para autoxerar emocións

positivas: capacidade para experimentar

de forma voluntaria e consciente

emocións positivas (alegría, amor,

humor, fluír) e desfrutar da vida.

Capacidade para autoxestionar o seu

propio benestar subxectivo para unha

mellor calidade de vida.

3. Autonomía persoal (autoxestión).

Dentro da autonomía persoal inclúense

un conxunto de características

relacionadas coa autoxestión persoal,

entre as que se encontran a autoestima,

actitude positiva ante a vida,

responsabilidade, capacidade para

analizar criticamente as normas

sociais, a capacidade para buscar

axuda e recursos, así como a

autoeficacia emocional.

3.1. Autoestima: ter unha imaxe positiva de

si mesmo; estar satisfeito de si mesmo;

manter boas relacións consigo mesmo.

3.2. Automotivación: capacidade de

automotivarse e implicarse

emocionalmente en actividades

diversas da vida persoal, social,

profesional, de tempo libre, etc.

3.3. Actitude positiva: capacidade para

automotivarse e ter unha actitude

positiva ante a vida. Sentido construtivo

do eu (self) e da sociedade; sentirse

optimista e potente (empowered) ao

afrontar os retos diarios; intención de

ser bo, xusto, caritativo e compasivo.

3.4. Responsabilidade: intención de

implicarse en comportamentos seguros,

saudables e éticos. Asumir a

responsabilidade na toma de decisións.

3.5. Análise crítica de normas sociais:

capacidade para avaliar

criticamente as mensaxes sociais,

culturais e dos medios de

comunicación, relativas a normas

sociais e comportamentos persoais.

3.6. Buscar axuda e recursos: capacidade

para identificar a necesidade de apoio e

asistencia e saber acceder aos recursos

dispoñibles apropiados.

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!