29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Adelaida Cerviño Montero Alberto Carpintero Vara

¿Como te chamas, en qué centro

estudas e que cursas este ano?

Chámome Alberto Carpintero Vara,

teño 15 anos e estou a estudar 4º ESO

no IES Fontexería, no concello de Muros.

¿Onde fuches no programa de

inmersión lingüística no exterior?

Fun a La Rochelle, en Francia

¿Fuches con xente coñecida?

Supostamente non, pero coñecendo á xente

decateime de que unha rapaza de Trazo

viñera comigo a Bruxelas dous anos antes

co programa da Deputación da Coruña para

coñecer as capitais europeas.

¿Como era a vida alí, na residencia

ou familia onde estabas? (aquí, cóntanos

os hábitos de horario, de alimentación,

os costumes, se saías a facer deporte,

se vías a televisión, etc.)

Eu estiven aloxado nun instituto, e pódese

dicir que os hábitos eran practicamente

os mesmos. Erguiámonos ás 7.00 para

almorzarmos ás 7.30 e, de seguido,

tiñamos as clases de francés (durante

catro horas) ás 8.30. Rematabamos ás

12.30, que era a hora de xantar.

Adoitabamos xantar comida feita con

bastante manteiga, aínda que se

semellaba ben á nosa cociña...

Despois de xantar, e dun pequeno anaco

de tempo para ir ao baño e baixar un

pouco a comida, saiamos a facer

actividades como equitación, vela ou

piragüismo, repartidas entre tres grupos

de persoas feitos á nosa chegada. Cando

non iamos facer estas actividades tiñamos

tempo libre para estar nos cuartos a falar,

xogar a xogos de mesa, traballos

manuais, ou mesmo xogar na pista

exterior de volleyball.

Tamén fomos unhas poucas veces a pasear

pola cidade para mercar recordos ou para

tomar algo nun dos bares do centro.

A merenda adoitaba ser ás 15.30, e dábannos

cadanseu bolo recheo ou algún pastel que se

semellaba. Despois das actividades ou da saída

á cidade tiñamos que estar de volta no centro

ás 19.30 para cear e para máis tarde estar

listos para as veladas nocturnas que sempre

se facían arredor das 22.00. Nestas veladas

sempre faciamos xogos en grupos, e a

verdade é que todos saïamos contentos

delas. Para rematar o día, iámonos á cama

ás doce en punto... e ata o día seguinte ás

sete e media.

¿Como era o programa de estudos?

(refírome cantas horas traballabades ao

día, se falabades en castelán, como

eran os grupos de grandes, se faciades

gramática ou sobre todo era conversa

en francés, sobre que temas se

traballaba, etc.)

Estabamos na clase durante catro horas,

dende as oito e media da mañá ata a hora

de xantar, ou sexa, ás doce e media.

Mentres duraba o curso non podiamos falar

en castelán ou galego (en teoría...) e o

profesor intentaba falar moi a modo para

que lle comprenderamos e non ter que nos

falar en español. Tamén axudaba moito a

comprendelo o feito de que xesticulaba

moito cando explicaba.

O primeiro luns que pasamos alí, fixéronnos

un exame de nivel, e a partir del dividíronnos

en tres grupos (Force verte, force bleue e

force rouge) de 12 ou 13 persoas. Nas clases

ensinábannos, sobre todo, situacións

concretas (tanto na oral como na escrita) para

sabermos como nos desenvolver na cidade.

O oral era moi practicado co profesor, xa que

faciamos unha especie de xogo simulando

que eramos parte da tripulación dun barco.

Respecto á túa adaptación ao país:

¿que foi o que mais che custou e

o que menos?

Eu coido que a “adaptación” ao país non foi

en realidade un gran cambio, xa que

eramos todos galegos. Para min o que máis

me custou foi acostumarme a me ter que

levantar ás sete da mañá sendo verán, pero

tampouco é que fose un gran sacrificio...

Hai que ter tamén en conta o feito de que

cando saiamos a mercar pola cidade todo

estaba máis caro que en España e a xente

que saía de festa (por exemplo, o día 14 de

xullo) volvía relativamente cedo.

¿Como valoras a experiencia

de irte fóra?

Foi unha vivencia estupenda, tanto polo

feito de aprender mellor o idioma como por

coñecer xente nova. Ademais,

a oportunidade de poder viaxar ao

estranxeiro non se consegue sempre,

e coido que todo-os rapaces e rapazas que

estivemos alí soubemos aproveitar moi ben

o tempo, tanto facendo novas amizades

como coñecendo aquel novo medio.

Eu, persoalmente, paseino moi ben.

Gocei moito coas actividades, coas saídas

á cidade, cos compañeiros... Para min foi

unha das mellores experiencias vividas

ata o de agora.

Pensas que melloraches moito o teu

francés (si ou non e por que)

Si, coido que o mellorei dabondo, sobre todo

no oral; de feito considero que agora teño

unha pouca máis de fluidez falando o

francés. Tamén penso que este tipo de

melloras no idioma só se poden conseguir

en viaxes coma esta: nunha cidade

estranxeira, rodeado de estranxeiros, para

así poder habituarte moito máis rápido

ao emprego da lingua.

73

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!