29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

62

> Ofertar un marco de traballo saudable,

apropiado e seguro para toda a

comunidade do noso centro; solicitando

as melloras que se coiden necesarias.

> Analizar as características acústicas

dos espazos escolares, contando coa

axuda de persoal experimentado

(técnicos de ambiente, arquitectos,

aparelladores…)

> Promover a realización de obras de

acondicionamento acústico nos lugares

do centro que máis o precisen

(comedor, aula de música, aulas de

educación infantil…)

> Solicitar que se realicen campañas

que fomenten a sensibilización fronte

ao ruído.

> Promover cursos de formación

para o profesorado sobre a voz e os

seus coidados.

— Elaborar materiais educativos axeitados

para desenvolver este proxecto con

apoios documentados, empregando

novas tecnoloxías.

> Crear unha páxina web sobre a

contaminación acústica

> Preparar materiais para explicacións

de aula

> Elaborar actividades en Jclic

> Elaborar fichas de traballo relacionadas

coas diferentes materias curriculares.

> Elaborar, expoñer, e publicar materiais

informativos respecto a este proxecto.

PROCEDEMENTO DE TRABALLO.

ACTIVIDADES REALIZADAS

Creamos tres equipos de traballo:

EQUIPO DE AUDIOVISUAIS-NNTT

Este grupo encargouse de:

Deseño dun anagrama para o proxecto.

Elaboración dunha páxina web.

Creación dun banco de recursos e

documentación sobre a contaminación

acústica: a través de bibliografía, escritos,

e sobre todo na internet. Clasificar

actividades JCLIC sobre temas relacionados

co ruído, o son e o sistema auditivo.

Elaborar actividades JClic novas sobre o

oído e o conto “madrechillona” (J. Bauer)

Elaborar fichas de rexistros de ruídos para

anotacións do alumnado.

Elaborar unha presentación Power Point

sobre o funcionamento do sistema auditivo,

a súa hixiene e coidados, e os efectos

fisiolóxicos e psicolóxicos producidos

polo ruído. Esta presentación realizouse

para ilustrar a charla do Dr. Norberto

Proupín Vázquez.

Contactar co equipo de ESCOITAR.ORG,

a través de Juan Gil, para gravar os sons do

centro (patio, comedor escolar, aulas…).

Elaboración dun plano do centro para

elaborar un mapa sonoro coas gravacións

realizadas. Organizar unha charla sobre o

son e a paisaxe sonora.

Seleccionar música galega para elaborar

unha fonoteca no centro cun servizo de

préstamo ao alumnado.

Realizar medicións con sonómetro e

elaborar informe e mapa de ruídos do

centro coa colaboración do laboratorio de

Medio Ambiente de Galicia contactando con

Higinio J. Sánchez-Rodilla.

Programación de audicións e concertos

fomentando a capacidade de atención

auditiva e de comportamento respectuoso.

Organizar e realizar un curso de formación

para todo o profesorado do centro sobre

“modulación e coidados da voz” impartido

pola foniatra Teresa García Real no centro,

os días 19 e 26 de abril e 3 de maio.

Participaron na actividade 17 mestres/as

que avaliaron o curso positivamente.

Queremos aproveitar para reclamar

a necesidade de formar o profesorado

neste aspecto.

EQUIPO DE PUBLICIDADE

E COMUNICACIÓN

Este grupo encargouse das relacións

públicas (colaboradores, prensa,

e comunidade educativa) Ademais levou a

cabo as seguintes actividades:

Ambientación do centro, colocando

taboleiros grandes dedicados á

contaminación acústica. Eliximos como

anagrama a imaxe dunha “buguina”,

cando a poñemos na orella o son

do sangue ao circular polos vasos

do noso sistema auditivo amplifícase,

de tal forma que provoca no interior da

cuncha un efecto de altofalante,

semellante ao son que fai o mar. Por outro

lado, a buguina serve tamén para emitir

sons fortes, a modo de trompeta.

En Galicia utilizábase nalgunhas aldeas para

avisar a veciñanza. O alumnado estudou o

que é unha buguina, onde viven, como son,

a súa forma e cor, os diferentes tipos de

buguinas, a súa representación nas obras

de arte, na poesía…

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!