29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Explicación dos carteis:

Autocrítica: utilizouse a imaxe dun

alumno reflexionando e engadíuselle unha

liña en espiral para acentuar a reflexión.

Respecto: utilizouse unha fotografía

en que aparecen varios estudantes

formando un sorriso, cun fondo tipográfico

que simula a escola.

Sinceridade: neste cartel aparece

unha rapaza, con tres caras, facendo

referencia a unha persoa cando non

é sincera.

Cooperación: simbolizouse con texto

a cooperación.

Constancia: quíxose resaltar este

valor, dividindo a palabra e ocupando todo

o cartel. Tamén se utilizou a imaxe dunha

rapaza estudando, de forma repetida, para

dar pé ao sentido da constancia.

Diálogo: aparecen as siluetas de dúas

persoas "cheas" de letras, como forma

gráfica do intercambio de ideas.

Curiosidade: un fecho déixanos

entrever o que hai detrás, unhas pinturas

que nos sitúan nunha escola.

Tolerancia: a palabra separada,

ocupa todo o espazo. As letras están cheas

de imaxes que fan referencia á frase que

as acompaña.

Comunicación: no cartel aparece

unha escena que se dá en calquera centro,

amosando en primeiro plano, como se

comunican os mozos nas aulas.

Paciencia: a imaxe que aparece no

cartel, amosa un alumno esperando moi

tranquilo, facendo uso da súa paciencia.

Xenerosidade: utilizouse a imaxe

dunhas mans que dan graficamente

xenerosidade.

Paz: representouse como se fose feito por

nenos, nenos que necesitan crecer con paz.

Igualdade: a imaxe dos xices evoca

o mundo escolar, que sexa para todos

por igual.

Ecoloxía: un papel engurrado centra

este cartel, de onde saen frases de célebres

personaxes, como se elas falasen

a través del.

Confianza: unha man sobre outra,

e outra sobre outra, ¿que nos dan?

Agradecemento: a solución

utilizada foi escribir grazas en todo os

idiomas utilizando uns post-its.

Responsabilidade: quíxose

reflectir este valor, co debuxo dun neno

maior coidado a un pequeno e incluíndoo

no nome.

Amizade: amigos abrazados como

imaxe e diversas tipografías, que unidas

forman a palabra amizade, simbolizan

ese valor.

Liberdade: as fotos dos

compañeiros/as repetidas varias veces

forman o fondo deste cartel.

A orde: a disposición ordenada dos

borradores que aparecen na imaxe dan

a solución para representar este valor.

Creatividade: para a foto pintaron

as mans con cores e despois plasmáronas

sobre papel, todo iso con creatividade.

Prudencia: utilizáronse tres imaxes

con tres cores diferentes para remarcar

a prudencia ao falar e escoitar.

Disciplina: neste cartel intentouse

simbolizar coa imaxe duns clips ordenados,

a disciplina como valor nas aulas.

Compaixón: utilizouse unha imaxe na

cal unha persoa compadece a outra e

ademais acentuouse esta acción enchendo

esa persoa coa palabra repetida que dá

nome a este valor.

Conseguíronse os obxectivos

profesionais: saber representar

conceptos abstractos con imaxes

e un texto.

A formación en valores aprendérona

mentres realizaban o traballo,

foron xenerosos, pacientes, tolerantes,

constantes, respectuosos,

creativos, disciplinados, autocríticos,

cooperantes e despois de todo

o aprendido, foron agradecidos.

Conclusións:

Aínda que xurdiron problemas, o grupo fixo

fronte a elas con determinación e ás veces,

tamén con rabia. Superaron as dificultades,

realizaron o proxecto e creceron.

Conseguíronse os obxectivos profesionais;

saber representar conceptos abstractos,

que non vemos, como a xenerosidade,

a tolerancia, a sinceridade, etc. con imaxes e

un texto. A formación en valores aprendérona

mentres realizaban o traballo, foron xenerosos,

pacientes, tolerantes, constantes,

respectuosos, creativos, disciplinados,

autocríticos, cooperantes e despois de todo

o aprendido, foron agradecidos.

Abranguer un proxecto tan complexo non é

tarefa doada, sobre todo cando tes que dar

unha programación. Necesítase máis tempo,

pois as dificultades xorden e hai que

solucionalas con máis traballo. Pero a

experiencia non se esquece, séntese

satisfacción e orgullo do resultado e vaise

madurando para facelo mellor noutra ocasión.

A miña valoración é máis que positiva, animo

a outros compañeiros a realizar este tipo de

proxectos que nos ensinan a crecer a todos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!