29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Outra das actividades que se están a levar a

cabo dentro do punto de traballo sobre a

igualdade e interculturalidade é a

realización dun mural dirixido polo pintor

Leandro e que decora unha das paredes do

noso patio cuberto. Este mural ilustra o

noso lema “Todos diferentes, todos iguais”.

Neste mural colaborou todo o alumnado do

centro desde educación infantil ata 6º curso

que foron pasando en pequenos grupos a

pintar baixo a dirección de Leandro.

Baixo este lema tamén se realizaron

estas outras actividades:

Para tratar o tema de

“todos diferentes”

elaborouse un mural en que se recollen

fotografías reais do alumnado (ollos, bocas,

pelo, pel, orellas e aptitudes) que quedará

exposto ata final de curso co obxectivo de

que os distintos grupos acompañados do

seu titor ou titora podan baixar a visitalo

e a partir del abrir debates sobre

interculturalidade. A continuación

mostramos a proposta de actividades

que se lle proporcionou ao profesorado:

Obxectivos:

— Dialogar sobre o diferentes que somos

fisicamente e sobre as diferentes

cousas que sabemos facer e que nos

particularizan.

— Debater sobre o peso da herdanza

familiar en canto ás características

físicas (cor de pel, cor de ollos, forma

de boca, orellas, tipo de pelo, ...),

características que nos son impostas

e sobre as que non temos elección.

— Dialogar sobre outras características

persoais sobre as que si podemos

influír: o que aprendemos na escola

(idiomas, deportes, ...), o que se nos dá

ben e debemos potenciar, o que

aprendemos do medio en que nos

tocou vivir (lingua propia, cultura,...).

— Dialogar sobre o mural de “Todos iguais

en dereitos e deberes”. Intentar atopar

outras situacións en que se dá esa

igualdade entre seres humanos.

Para tratar o tema

“todos iguais” exponse outro mural

que recolle e ilustra as seguintes frases

e a partir do que se pretende xerar tamén

o debate:

— Todos temos dereito á educación.

— Todos temos obriga de estudar.

— Todos temos dereito a falar e

ser escoitados.

— Todos temos a obriga de respectar

os demais.

Mural para propiciar o

debate sobre migración:

“¿Es de onde naces ou de onde paces?”

Este mural elabórase arredor do mapa do

mundo de onde saen distintas frechas de

distintas localidades e que se unen a

fotografías. Estas pertencen a mestres e

mestras do noso claustro en distintos

momentos da súa infancia e xuventude.

Cada pé de foto levará unha frase do tipo

“eu nacín aquí” “eu vivín aquí”. A parte

lúdica do mural consiste en recoñecer de

que mestre ou mestra se trata. O debate

que se pretende xerar a partir disto é que

somos todos cidadáns do mundo, para

concluír que finalmente, a pesar das

distintas procedencias ou estadías fóra de

Galicia, neste momento somos todos de

aquí porque estamos aquí.

A derradeira actividade deste curso escolar

consistirá nunha saída de convivencia no

mes de xuño de todo o centro educativo

para realizar unha ruta e rematar nunha

praia onde realizar xogos cooperativos.

Este traballo colectivo de afondamento nos

valores foi moi interesante para todo o

alumnado, o profesorado e as familias.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!