29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

26

2. ESCOLLEMOS AS ACTIVIDADES

QUE SE ÍAN DESENVOLVER,

OS SEUS DESTINATARIOS E

AS PERSOAS QUE AS ÍAN COORDINAR

2.1 Departamento de Orientación,

Equipo de Normalización e

Departamento de Plástica

Certame de logo e lema solidario, realizouse

entre o instituto e o colexio Isaac Peral.

O logo e lema gañadores foron estampados

nunha camiseta. Todos os membros da

comunidade educativa que o desexaron

mercaron a camiseta. O custo de cada

camiseta aumentouse 1 € e todo o recadado se

lle entregou á organización Save the Children.

Actividade destinada ao alumnado de todos

os niveis e dos dous colexios participantes.

2.2 Departamento de Música e Imaxe

Recompilación de 90 cancións de todas as

épocas en que se fai referencia á paz e á

non-violencia.

Preparación dunha proxección de imaxes

en Power Point alusivas á paz e á

non-violencia. Entre as imaxes estaban

as de todos os logos que se presentaron

ao certame. Preparado por alumnado de

música, ciclo formativo e 2º de BAC.

Durante a semana que duraron as

actividades estivo a proxección e a música

no vestíbulo do centro e os alumnos

achegaban diariamente novas imaxes que

lles resultaban significativas.

2.3 Departamentos de Filosofía,

Plástica e Imaxe

Coa colaboración do profesorado

de Relixión e Alternativa á Relixión.

Confección de 32 paneis de 60 x 60 nos

cales se rotularon polas dúas caras 32

formas diferentes de dicir a palabra PAZ en

distintos idiomas. Os paneis colgáronse no

corredor central do instituto.

Elaboración de cinco paneis de 240 x 80

que se colgaron da parede lateral do

corredor central. Cada panel levaba contidos

variados que facían referencia ao tema:

un primeiro de presentación como graffiti

coa palabra PAZ; un segundo feito como un

colaxe con imaxes de paz e de guerra

enfrontadas; un terceiro, composición dunha

pomba xigante coas fotos de todos os

membros do centro; un cuarto, feito como

unha recreación –segundo o mito de

Pandora– cun globo de cartón-pedra fronte

ao panel, unido por tiras de cores como

expresión dos males que saíron daquela

caixa-globo; e un quinto, consistente nunha

action painting na cal varios alumnos do IES

xogaron coas cores e o panel para expresar

unha paisaxe de guerra e desolación.

2.4 Departamentos de Música

e Educación Física

Preparación dun rap con letra alusiva á paz

que se cantou e bailou cunha coreografía.

Participou o alumnado de 2º, 3º e 4º de

ESO. Cada grupo compuxo e bailou o seu

rap. A actividade tivo moito éxito.

2.5 Departamentos de Lingua Castelá,

Galega, Francesa e Inglesa

Selección de poemas da literatura universal

nas distintas linguas para realizar un

recital de poesía. “Quixemos que os versos

non fosen indiferentes, que espertasen as

emocións, os sentidos a reflexión...

Eliximos aqueles que salientasen

determinados valores, pois tamén

necesitamos telos presentes e non

gardados, coma ás veces deixamos

gardados nos andeis os libros, coma se

estivesen nunha gaiola, e os libros hai que

deixalos voar e que se pousen en

diferentes mans, en diferentes corazóns”.

Participantes no recitado: alumnos de 1º,

2º, 3º e 4º de ESO.

2.6 Grupo de Normalización Lingüística

Celebración dunha edición do xogo da

busca alusivo á temática da PAZ.

Cuestionario que os grupos participantes

debían contestar empregando información

obtida na biblioteca ou na internet.

2.7 Departamento de Plástica

Exposición na cafetaría do centro de

retratos sobre mulleres ás que se lles

concedeu o PREMIO NÓBEL DA PAZ

2.8 Festival pola paz

no salón de actos

Todas as actividades que se prepararon

durante a semana converxeron o venres,

nun festival que tivo lugar no salón de actos

do centro.

O programa do festival era compartido

co alumnado do colexio Isaac Peral

(Colexio de primaria veciño e adscrito ao

noso) que tamén presentaban as súas

propias actuacións.

Realizáronse catro pases destinados

a todo o alumnado do colexio e ao

de 1º e 2º de ESO do instituto.

O programa foi moi variado:

dramatizacións, recitado plurilingüe,

coreografías e rap.

Todo o profesorado e o alumnado

vestía a camiseta solidaria.

3. Realizamos a avaliación

e a memoria das actividades

Enquisas pasadas polas titorías.

Reflexións do alumnado sobre o interese

que espertaron a través de cuestionarios

e debates.

Recollida das reflexións do profesorado

encargado das distintas actuacións, etc.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!