29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

16

O patio escolar:

un espazo educativo

O colexio público Zamakola está situado no barrio da Peña, na periferia de Bilbao, cunha poboación

de nivel socioeconómico baixo, que se foi asentando e arraigando na sociedade vasca a partir

da súa chegada nos anos 50 e 60.

É o único centro público, polo que os seus preto de 600 alumnos, de 2 a 12 anos, pertencen á zona.

Entre o alumnado un 67% son bolseiros e arredor dun 15% son de etnia xitana ou inmigrantes

que se escolarizaron nos últimos tres anos.

Conta cun equipo educativo de 50 profesores e 23 monitores de comedor, xa que fan uso deste servizo

arredor de 450 alumnos.

Asún Olano

Directora do Colexio Público Zamakola, Bilbao

Premio ás mellores prácticas educativas do Ministerio

de Educación e Ciencia. 2006

BIZI GAITEZEN ELKARREKIN

(proxecto para a convivencia

e a paz positiva)

Para nós, a boa convivencia no centro non é

simplemente unha condición para o ensino

dos contidos curriculares, senón unha

aprendizaxe básica en si mesma. Na escola

viven e traballan xuntos nenos e nenas

diferentes, o que require aceptar e abrirse ao

outro e establecer relacións de

compañeirismo e cooperación, baixo a mirada

dun educador que observa o proceso, gradúa

as dificultades e atende a cada un.

Recoñecemos que, lonxe de ser unha tarefa

engadida, facilita as aprendizaxes, a través do

diálogo e do traballo cooperativo.

Somos conscientes de que a boa convivencia

non xorde espontaneamente, senón que se

constrúe social e activamente, para cuxa

adquisición a escola é o contexto máis

favorable, sen esquecer o importante papel da

familia e, cada vez máis, dos grupos de iguais

e os medios de comunicación. Neste proceso

entrelázanse o coñecemento con diversas

crenzas e vivencias, o razoamento cos

sentimentos e afectos, as habilidades cos

valores e actitudes, o académico co persoal.

Por iso, no noso proxecto fomos integrando os

distintos aspectos da vida e da actividade

escolar: progresivamente imos modificando

o funcionamento.

O noso proxecto é froito dun longo

percorrido de 15 anos, ao longo dos cales

puxemos en funcionamento nove

programas arredor da convivencia,

que foron modificando a nosa maneira de

relacionarnos, aspectos de organización

e funcionamento, dando maior relevancia

a determinados contidos do currículo e

adquirindo maior interese as sesións

grupais de titoría.

Estes nove programas, que corresponden a

outros tantos obxectivos, encadrámolos en

tres bloques:

Coidamos o contorno

Contorno físico agradable

Escola aberta e integrada no barrio

Coidamos as persoas

Contorno escolar seguro.

Integración no grupo

Habilidades sociais

e desenvolvemento moral

Coidamos a convivencia

Consenso de normas

Multiculturalidade e diferenza como valor

O patio, un espazo educativo.

Resolución de conflitos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!