29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

72

Programa 06 Inmersión Lingüística 2007

Os valores

e as viaxes de estudos

¿Como te chamas, en que centro

estudas e que cursas este ano?

Chámome Adelaida, estudo no IES

Eduardo Pondal e estou facendo

3º de ensino obrigatorio.

¿Onde fuches no programa de

inmersión lingüística no exterior?

Fun a Irlanda, a Navan.

¿Fuches con xente coñecida?

Non.

¿Como era a vida alí, na residencia ou

familia onde estabas? (aquí, cóntanos

os hábitos de horario, de alimentación,

os costumes, se saías a facer deporte,

se vías a televisión, etc.)

Eu estiven na casa dunha familia; eles

tratáronme moi ben, xa que nin dos meus

pais me acordei. Normalmente levantábame

ás oito, oito e media para poder chegar

ao colexio ás nove e media. Para almorzar

dábanme dúas torradas, un zume e cereais

con leite e para comer no colexio levaba un

bocadillo, varias froitas, chocolate, un iogur

e para beber coca-cola, zume ou auga.

Pola tarde, chegaba do colexio á casa sobre

as cinco e comiamos ás seis máis ou menos.

A comida estaba moi boa e, ademais,

dábanme grandes cantidades. É algo

parecida a comida de aquí. Despois, pola

noite, mentres viamos a tele facían algo de

comer ou facían flocos de millo. Despois de

comer sempre me deixaban saír cunhas

amigas que fixen alí; eran tamén de Galicia,

e xusto vivían na mesma urbanización

ca min. Saía dúas ou tres horas para ir

ao centro a ver as outras compañeiras.

No colexio, uns días íamos polas tardes

ao ximnasio ou faciamos excursións,

proxectos... outros días tocábanos dar clase

todo o día. O que máis me chocou foi que

os domingos almorzabamos ás once e

media, íamos á igrexa e despois comíamos

á unha. Nos domingos o almorzo era moi

forte: dúas torradas, touciño entrefebrado,

salchichas, ovos, zume e despois comiamos

ás tres e ata o día seguinte non se volvía

comer excepto se tiñas fame —como era

o meu caso—.

¿Como era o programa de estudos?

(refírome cantas horas traballabades

ao día, se falabades en castelán,

como eran os grupos de grandes,

se faciades gramática ou sobre todo

era conversa en inglés, sobre que

temas se traballaba, etc.)

Estabamos repartidos en catro clases de 15

alumnos máis ou menos por clase.

Normalmente empezabamos ás 9.30,

tiñamos un descanso de 20 ou 30 minutos

ás once e despois outra vez clase ata a

unha. Tiñamos unha hora para comer e logo,

ou faciamos proxectos ou dábamos clase,

ou facíamos actividades (como ir ao

ximnasio). Nas clases faciamos algo de todo,

unhas veces contabamos (nunha redacción)

o que fixeramos a fin de semana.

Outros días falabamos de Irlanda e os seus

costumes. Outro día, das excursións que

fixeramos, e falabamos sobre o clima e

o tempo; algunhas veces dependendo do

profesor escoitabamos música e

logo dialogabamos sobre ela. Para min foron

máis amenas as clases de Irlanda, xa que

estabamos continuamente falando en inglés

cos profesores e cando non sabiamos como

dicir algunha cousa faciamos o parvo para

que nos conseguisen entender. E sobre todo

cun profesor en especial co que estabamos

todo o día a rir. Con el, era co que mellor nos

entendiamos xa que sabía italiano e había

palabras coas que nos entendiamos todos.

En cambio no instituto todo é aprender

gramática e facer exercicios (que por unha

parte é o que temos que facer) e case non

hai momentos de diversión.

Respecto á túa adaptación ao país:

¿que foi o que máis che custou e o

que menos?

O que máis me custou foi o cambio de

horas por culpa das comidas, xa que eu

estou acostumada a facer case cinco

comidas ao día e alí só fan tres. De feito a

primeira semana adelgacei un quilo.

Despois todo foi xenial, tanto cos profesores

como coa familia.

¿Como valoras a experiencia

de irte fóra?

Foi moi positiva, polo que por min

volvía agora mesmo. Iso si, se fose para

ir á mesma casa onde pasei a miña estadía

en Navan.

¿Pensas que melloraches moito o teu

inglés? (si ou non e por que)

Moito, moito non, porque a min

colocáronme nunha clase que tiña o nivel

algo baixo e entón eu xa o sabía máis ou

menos todo. Quizais aprendín algo máis coa

familia porque eles me axudaban co inglés

e eu aprendinlles algo de español.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!