29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

apenas implican movemento ou consumo

de enerxía. En concreto, a cantidade

de tempo que pasan ao día, sentados ou

tombados. O resultado é un balance

enerxético moi positivo, é dicir, o neno inxire

moitas máis calorías das que o seu corpo

metaboliza ou gasta. Unha simple

observación no patio de calquera centro

educativo no momento do recreo poder dar

unha idea aproximada de ata que punto o

patrón de actividade física dos rapaces

cambiou nos últimos anos.

Contestando a pregunta da epígrafe,

deberíamos aclarar que, sobre todo, o que

necesitan os nenos é manterse activos.

Iso pode conseguirse practicando deporte

en horario escolar ou extraescolar,

colaborando nas tarefas domésticas,

(recordemos que tamén consomen enerxía

e algunhas, ademais, poden significar

interesantes aprendizaxes sociais) e por

suposto, aproveitar o ocio compartido en

familia para a práctica lúdica de calquera

actividade que implique movemento.

Respecto á forma física, haberá nenos que

teñan un bo nivel de condición física, pois

practican deporte de xeito regular, e outros

que non, ben porque non lles atrae, ou ben

porque non son capaces de vencer certos

condicionamentos relacionados co seu

peso, constitución, grao de coordinación,

ou problemas de saúde, (diabete, asma…)

etc. É evidente que nesta situación o

profesorado en xeral, pero especificamente

o que imparte a materia de educación

física, pode xogar un papel fundamental,

positivo ou negativo.

Para rematar, poderiamos dicir que un

rapaz pode ter un bo nivel de condición

física e amosar hábitos sedentarios e

viceversa. Para entender máis claramente

esta relación, basta con sumar nun día

normal as horas que os nenos pasan

sentados na aula, sentados na casa

estudando ou vendo a tele ou noutras

condutas relacionadas co ocio multimedia

pasivo, sentados no coche ou no autobús

e durmindo, e comparalas coas horas

—no mellor dos casos— ou minutos que

pasan en actividades físicas moderadas,

(ir andando ao cole, pasear cos amigos, …)

ou intensas (xogos de patio, práctica

deportiva regrada… etc.). O resultado da

operación, en moitos casos, é desolador.

Aínda que non existe un consenso unánime,

acéptase como nivel recomendado para a

práctica de exercicio físico en nenos e

mozos, realizar AF de intensidade moderada

ou vigorosa, polo menos, durante 60

minutos ao día. Pois ben, segundo as

últimas investigacións levadas a cabo no

noso país, concretamente o estudo enKID,

tan só un 48% dos nenos e mozos de entre

6 a 18 anos cumpre esas recomendacións.

¿Que pinta a comunidade educativa

en todo isto?

O concepto de physical activity and health

(actividade física e saúde) desenvolvido nos

Estados Unidos e noutros países de lingua e

cultura anglosaxona desde hai máis de vinte

anos, xa está ben implantado nos países do

norte de Europa e pouco a pouco chega a

nós e a comunidade educativa non pode ser

allea a esta realidade.

Este fenómeno, xunto coa evidencia do

cambio no patrón de AF dos rapaces e as

consecuentes repercusións negativas sobre

a súa saúde, debería suscitar un profundo

debate sobre a importancia da comunidade

educativa —incluída loxicamente a

familia— no proceso de promoción da

saúde mediante o movemento.

Proba da importancia que ten o eido

educativo nesta tarefa é que en diversos

países de Europa como Finlandia, Suecia,

Italia, Francia e Reino Unido, e máis en

Australia, Nova Zelanda, Canadá e os

EE.UU., hai anos que se puxeron en marcha

diferentes iniciativas para incrementar o

nivel de actividade física dos rapaces, dos

profesores e dos pais. Dende programas

para acudir andando e acompañado ao

colexio, á utilización de patinetes e

bicicletas como medio de transporte limpo

e saudable, a xeneralización de uso de

podómetros en nenos, para que poidan

ter un sinxelo indicador do seu nivel de

actividade a partir do número de pasos

dados ao día… etc.

Sen dúbida, queda moito por facer,

pero tamén é moito o que se leva feito

e do que se pode aprender.

I Centers for Disease Control and Prevention

en EE.UU. Centros para a prevención e o control

das enfermidades.

II American College of Sport Médicine.

Colexio Americano de Medicina do Deporte.

III Surgeon General. US Departament and Health

and Human Services. Máxima autoridade

en materia de saúde pública nos EE.UU.

IV American Heart Asociation. Asociación Americana

do Corazón.

V President Council of Physical Fitness and Sport.

Principal Asociación do Fitness e do Deporte

nos EE.UU.

93

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!