29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

eles porque están confusos respecto ao

papel que deben adoptar con respecto á

educación da súa prole.

Estes nenos poden enfrontar, violentar,

burlar ou incluso humillar os seus pais

na segunda infancia e sobre todo na

preadolescencia. Utilizan tons de voz

e actitudes corporais belixerantes e

desafiantes, que se reforzan se os pais

ceden. Manexan a chantaxe emocional

e as ameazas, desobedecen seria e

constantemente ata conseguir impoñer

a súa vontade, chegando incluso á

intromisión e a intentos de ruptura da

parella, enfrontando entre si os pais.

Realmente, dirixen o fogar e crean unha

atmosfera de tensión irrespirable.

En ocasión estenden esta actitude aos

irmáns, avós, curmáns,… Ademais, estas

condutas poden ter continuidade na

institución escolar e nos espazos de ocio.

En relación coa súa orixe, algúns

estudos apuntan que esta síndrome ten

un compoñente xenético e outros din

que se debe a causas psicolóxicas ¿Que

opina vostede sobre este particular?

— A súa aparición case sempre responde a

múltiples causas e determinantes. Hainas

xenéticas, relacionadas co que se chama

temperamento, que diferenza uns nenos

doutros (no xenio, na impulsibilidade,

na actividade, ás veces brusca, ás veces

excesiva, e case sempre intempestiva).

Outras son psicolóxicas, e boa parte

relacionadas coa interacción cos pais,

irmáns, curmáns,… e a educación que

reciben, sobre todo ata os 6 anos. Inflúe

especialmente a falta de pautas e límites

antes dos 4 anos. Os fundamentos da

educación ciméntanse no seo familiar,

nas pautas de crianza: nos hábitos de

comunicación, nos horarios, na hixiene,

nas normas elementais de seguridade e nos

límites de conduta mantidos con afecto e

firmeza non exentos de flexibilidade,

nun contexto de acordo entre pai e nai

(e avós) sobre as ditas pautas.

Existen tamén causas e pautas relacionadas

coa socialización cos outros, especialmente

na escola. A educación institucional pode

corrixir, manter ou reforzar as pautas

de relación inadecuadas, sobre todo se non

existe unha alianza concordante e explícita

entre pais, profesorado e colexio, ou se

existe, pola contra, unha alianza familiar

contra a escola en forma de actividades

desvalorizadoras ou hostís ante os límites

que a institución impón e dos que

a familia carece.

Esta síndrome pode ser considerada

unha manifestación extrema da

ausencia de valores morais e, en

concreto, da ausencia de sentimento

de culpa?

— Máis que de ausencia de valores,

é contradición entre valores. Confusión

entre liberdade e falta de límites, entre

atender as necesidades do neno e

consentirlle calquera desexo ou capricho.

Entre acceder a algunha demanda do neno

e que iso sexa sempre a norma

e que ocorra sen esforzo, sen razoamento e

sen demora algunha entre a demanda

e a súa satisfacción. Entre dar seguridade e

sobreprotexer. En confundir culpa e

responsabilidade. En pensar soamente en

termos de dereitos e non tamén

de deberes. En ser tolerantes con ser

neglixentes. En pensar que dicir non,

é frustrar inadecuadamente.

En pensar que sempre hai que dicir si.

En confundir ser afectuosos con mimar

de maneira constante.

Un emperadores, imaxinados por Irene Fernández (8 anos)

Estes cadros nos se dan unicamente

en nenos ou nenas dun único medio

sociocultural, ¿ou si? ¿Existe algunha

tipoloxía, algún perfil concreto de

persoas, ou existe algunha relación con

algunha clase social determinada?

— Como comentei antes, a relación existe

máis ben co ambiente familiar, escolar e

social, máis que cunha clase social concreta.

A falta de pautas educativas,

as directamente erróneas ou inexistentes,

así como o desacordo entre os dous

proxenitores e a falta de pautas coherentes e

axeitadas entre os adultos (pais, profesorado,

comunidade educativa en xeral e medio

social próximo), relaciónanse fortemente coa

“construción” e orixe desta síndrome.

Por outra parte, tamén contribúe ao seu

incremento a confusión que existe na

sociedade entre o que é a liberdade e a

ausencia de límites, entre o que é a

autoridade necesaria e a represión e entre o

que é a maduración progresiva e a evitación

de calquera tipo de frustración.

Na actualidade prodúcese a satisfacción

dos desexos dos nenos case antes que os

rapaces poidan expresalos e ademais faise

sen demora ningunha. Elementos ambos que

reaparecen con forza en condutas impulsivas,

sen autocontrol e tamén no consumo cada

vez máis precoz de substancias psicoactivas.

129

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!