29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

124

Actividade coa que se pretende mostrar como traballaban a imaxe

os fotógrafos que ata hai pouco percorrían os nosos pobos e rúas.

Pareceunos interesante estudar cales eran as súas ocupacións

para poder comprender os adiantos dos que hoxe disfrutamos.

Este obradoiro que se presenta estase a levar adiante coa participación

activa do alumnado do terceiro ciclo de primaria en todo o proceso,

dende a carga da película na cámara ata o revelado das copias

no laboratorio.

Branco e negro

Xosé Xesús Pacoret Balsa

CEIP CANOSA-RUS

Todos os anos nos primeiros días do mes

de setembro tratamos de ser orixinais na

programación da educación plástica.

En verdade que non é moi doado pois

o alumnado xa está de volta de case todo:

na casa non falta de nada, os xoguetes son

abondosos, os regalos de aniversario traen

o nunca visto e ata as tendas “todo a cen”

poñénnolo complicado para ser orixinais

nas nosas propostas.

E dándolle voltas ao asunto chegamos á

fotografía en branco e negro. A idea

parecía sedutora por canto contén algo de

maxia e ata de relación cun pasado recente

do que todos coñecemos algo. Ademais o

contraste dunha actividade xa case

desaparecida, tradicional e de pura

artesanía medio romántica, coa explosión

actual das NNTT, resulta un atractivo que

convén contrastar para non esquecer de

onde vimos e poder valorar cara a onde imos.

Encaixar a actividade dentro do currículo da

educación plástica resulta doado tendo en

conta a cantidade de conceptos como

manipulación, recorte, dominio da imaxe,

sensibilidade, percepción, coñecemento de

dúas cores con infinidade de matices,

a luz, os diferentes líquidos que se precisan,

a súa fabricación, dominio de tempos e

temperaturas, etc.

A motivación e a estimulación do alumnado

parecía doada de atopar espertando

o interese por rebuscar nos caixóns de

cómodas e mesas de noite daquelas

fotografías que, sen posuír séculos, xa tiñan

unha historia; historia que eles ían descubrir

por propia iniciativa interrogando os seus

maiores: a fotografía que o bisavó enviou

dende Cuba, o servizo militar do avó en

Ceuta, o casamento dos tíos, os pantalóns

acampanados e os peiteados dos anos 60,...

Así fomos dando cumprimento a algúns

obxectivos que nos marcamos como metas

difusas, pouco estritas, a ver que pasaba.

Chegamos a descubrir a existencia dunha

actividade que tivo grande importancia ata

datas relativamente próximas no tempo.

Fomos capaces de posibilitar o coñecemento

do proceso total de obtención de imaxes

fotográficas. Alcanzamos a contribuír a

valorar a actividade daqueles fotógrafos que

traballaron con métodos hoxe inexistentes

pero que nos marcaron o camiño a seguir no

mundo da imaxe. Logramos recoñecer que a

historia máis recente de lugares e xente é

coñecida grazas aos percorridos, cámara ao

lombo e horas de laboratorio, de fotógrafos

anónimos dos nosos pobos e vilas.

Marcamos uns contidos mínimos para que

a actividade teña a súa entidade e poidamos

darnos por satisfeitos e a partir de aí xa se

vería o que o alumnado, as circunstancias e

a propia dinámica iría dando de si. Parecía

imprescindible tratar os conceptos de luz

e imaxe, a posesión e gravación dela, os

elementos básicos dunha cámara, a película

como soporte fotográfico primeiro, o cartón

fotográfico como soporte final, o enfoque e

encadramento axeitado das imaxes, a relación

entre luz e tempo de exposición, a obtención

e manipulación de líquidos fotográficos,

o revelado da película xunto cos seus

utensilios, a obtención de copias en cartón

fotográfico cos seus utensilios e, por último,

a exposición pública do material obtido.

A metodoloxía, material e actividades que

levamos adiante consistiron na composición

de grupos de dez membros para que todos

tivesen a posibilidade de realizar todas e

cada unha das accións básicas precisas.

Comezamos por cargar a película na

cámara que iamos usar aproveitando para

explicar polo miúdo en que consiste ese

aparello: obxectivo, disparador, diafragma,

arrastre da película.

Pasamos ao enfoque e encadramento da

imaxe e situación do fotógrafo. Agora

cadaquén debería realizar os seus disparos,

tomar nota deles para ao final contrastar se

logrou o que pretendía e se non avaliar o

que obtivo. A cada grupo foille asignado un

motivo atendendo a diversas razóns

prácticas: meteorolóxicas, de

proximidade,... Así realizamos retratos,

fotografamos vivendas, detalles da escola

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!