29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Habitualmente escoitamos que as persoas

din: ¡Vou cos meus amigos!. Quizais sexa

unha frase feita pero afortunadamente

aínda existen bos amigos e bos exemplos

de amizade. No valor da amizade vai

implícito o valor dos valores, tronco común

dos demais que ten a sociedade, o

respecto. Respecto significa “mirar ao teu

arredor”, é dicir, decatarme de que non

estou eu só á hora de facer algo. Hoxe

dicimos que non hai respecto, aínda que

cada un de nós, de cando en vez miramos

só o noso obxectivo sen ver a quen temos

arredor. Confundimos respecto con

urbanidade, ao poñer sempre o exemplo de

que ninguén cede un asento cando vas no

autocar; e se cada un cedese un pouco dos

seus dereitos todo había ser máis xusto.

Estes e outros valores desenvólvense no

ámbito da liberdade, pero educar persoas

libres implica que os resultados

dependerán da súa vontade e non da

nosa. Nas relixións o resultado está

determinado, a persoa non é libre, está

atada a ritos, a normas, a dogmas; nun

principio pode parecer que os valores

veñen dela, máis cando miras o atraso

que provén da submisión e do

sometemento a calquera relixión,

denominada cristiá ou non cristiá,

decátaste que en nome de Deus se

fixeron as maiores atrocidades da Historia

e dáste conta que desde a liberdade hai

éxito e valores. A manipulación do

cristianismo en estado puro (a mensaxe

de Xesucristo) mudouse nun monstro de

relixións e os valores primarios da

liberdade e da libre elección pasaron a

ser de aleccionamento e desvalorización.

A SINCERIDADE:

UN VALOR RECOÑECIDO

Cando nos ocupamos dun valor de fácil

asimilación, pero ao mesmo tempo de

clara manipulación e abuso, corremos o

risco de pasar por alto a importancia que

supón empregalo con regularidade. Cada

persoa ou grupo social ten a súa propia

escala de valores: algúns céntranse na

orde, outros na estética, na honestidade,

na paciencia, no respecto ou na

urbanidade, pero todos tenden a dicir que

a sinceridade é común aos seus principios

fundamentais como persoas, ou polo

menos interactúa cos demais. “Dígocho

sinceramente…”. “Mira, vou ser

sincero…”, “… este é un pouco… pero a

verdade é que foi sincero…”. ¿En cantas

ocasións nos topamos con expresións

como estas?, iso non debera ser algo

negativo se en realidade a sinceridade

fose parella á veracidade.

As persoas menten, algúns menten moito,

e a manifestación pública do sentir de

cada un e do pensamento interior, pode

ser empregado en contra, nun ambiente

enrarecido pola manipulación. O gran

paradoxo está ao constatar que a

convivencia está fundamentada na

veracidade dos demais. Se desconfiamos

de todas as persoas crendo que nos van

enganar, será imposible convivir

socialmente. Coa práctica da sinceridade,

e asumindo as consecuencias de que os

demais nos poidan mentir, hai excelentes

resultados coa práctica deste valor. Cando

vemos a traxectoria dunha persoa

transparente, é dicir, que ten o valor da

sinceridade, case de inmediato

acreditamos nela e nas súa promesas”.

A primeira vez que me enganas é culpa

túa; pero a segunda vez, é culpa miña”, así

expresa esta situación un aforismo árabe,

por iso confiar de novo nos que nos

mentiron unha vez é moi complexo,

e supón un risco que poucas persoas

están dispostos a asumir.

Existen tamén os que alardeando de

sinceridade chegan a ser desvergonzados

e imprudentes, dicindo o que non deben,

para pór en evidencia a outras persoas ou

para obter información que corresponde á

intimidade do individuo. A sinceridade ten

uns límites que teñen moito que ver coa

veracidade. Hai verdades que non se

poden dicir abertamente xa que a ferida

que produce é maior que o obxectivo que

persegue, e neste mundo no que estamos

existen valores que superan, en todos os

casos, o da sinceridade, como son:

o dereito á vida, o respecto aos demais

e o amor.

Aínda pode haber oportunidade para

adquirir os valores parcialmente acadados.

Joham Vicente Viqueira dicíalles aos

mozos na súa obra póstuma que leran

poesía. Repetíao unha e outra vez, que de

certo había espertar neles a sensibilidade

polas cousas. Quizais non chegue

soamente con iso, mais desde a nosa

sociedade plural, tolerante e libre teremos

opcións para enchernos dos valores que

tanto reclamamos e que outros nos

negaron, aínda que, paradoxalmente, se

nos queira facer crer que daquela si que

os había e que agora os perdemos. Unha

cousa si perdemos, ser escravos dunha

soa idea que nos ataba e agora xa

sabemos vivir sen ataduras.

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!