29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

10

O IES San Leonardo situado en San Leonardo, vila de piñeirais de 2.200 habitantes, ao noroeste da

provincia de Soria, abriu as súas portas en setembro de 1995, e imparte, desde aquela, as ensinanzas

de ESO (de 1º a 4º) e de bacharelato (modalidades de Humanidades e de Ciencias Sociais e de Ciencias

da Natureza e da Saúde).

Desde a súa creación o instituto comprometeuse cunha xestión de calidade e levou a cabo nove plans

de mellora que obtiveron o recoñecemento social e a valoración positiva por parte da Administración

educativa, que foron premiados nalgunhas ocasións por desenvolver esas experiencias de calidade,

entre outras relacionadas co tema da convivencia.

No curso 2004/2005, recollendo as propostas dos distintos sectores da comunidade educativa,

o equipo directivo elaborou o primeiro Plan de Convivencia do centro que se levou á práctica o curso

seguinte e que está incluído, desde esa data, na programación xeral anual.

Estes dous anos de posta en práctica converteron esta experiencia nunha actuación educativa máis

e a súa sistematización está contribuíndo a mellorar a formación en valores dos nosos alumnos

e en definitiva a avanzar na súa formación integral.

Entre as palabras máis belas:

convivencia

Consolación Carpio Miguel

Directora do IES San Leonardo

San Leonardo (Soria)

Premio ás mellores prácticas educativas

do Ministerio de Educación e Ciencia. 2006

XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE DE

ELABORAR UN PLAN DE CONVIVENCIA

A inquietude pola convivencia foi constante

desde a creación do instituto como o avala a

inclusión deste tema nos plans de mellora

levados a cabo. Xa no curso 97/98 se

realizaron actuacións encamiñadas a

“Aprender a convivir aprendendo” como

rezaba o título.

Desde entón, a convivencia seguiu sendo un

tema de reflexión e é obvio por tanto o

interese deste instituto en xuntar os esforzos

necesarios, fixar e aplicar as actuacións

precisas para facer prevalecer un clima de

convivencia pacífico superando as tensións

diarias e as diferenzas, nunha época en que

se está incorporando alumnado inmigrante

que precisa de axuda para a súa integración

e aceptación polos demais.

As enquisas realizadas no instituto como

avaliación inicial, para detectar posibles casos

de acoso ou malos tratos a alumnos/as

desvelaban que, aínda que existían

problemas que xustificaban a elaboración e o

desenvolvemento dun plan, non podían estes

ser cualificados de moi alarmantes ou

imposibles de atallar aínda que si empezaba

a ser preocupante o aumento de conflitos

diarios entre o alumnado.

Vimos por tanto necesario programar

actividades que permitisen resolver os

problemas que xurdían entre eles sen

recorrer á violencia, dar pautas, presentar

estratexias e ofrecer recursos.

OBXECTIVOS DO PLAN DE

CONVIVENCIA ELABORADO E

AFIANZAMENTO DE ACTITUDES

Coa posta en marcha do Plan de

Convivencia no curso 2005-2006

sentamos as bases para:

— Previr situacións de violencia ou

agresividade entre os membros da

comunidade educativa.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!