29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Aula de traballo individualizado (ATI):

aula onde se atende o alumnado expulsado

dunha materia ou da súa aula nunha ou

varias xornadas. Lugar de traballo

estruturado controlado por profesorado de

garda. É unha maneira de atrasar a

expulsión do centro. Só a Xefatura de

Estudos pode derivar o alumno ao ATI.

Na súa terceira función, a aula permítenos

coñecer cantos e de que tipo foron os

conflitos que tivemos no centro. É a

coordinadora da aula a encargada de

ofrecerlles esta información ás titorías,

equipos educativos, ao claustro e á

comisión de convivencia. Actualmente dous

membros do Departamento de Informática

(e membros do grupo de traballo

Convivencia) están deseñando un programa

de xestión da aula de convivencia.

3. OS RESULTADOS

A avaliación das funcións da aula lévaa

a cabo semanalmente o Grupo de

Convivencia, formado pola Dirección,

Xefatura de Estudos, titoras da Aula de

Convivencia e Mediación, Orientación,

coordinadora do proxecto Escola Espazo

de Paz e a responsable do DACE.

Mensualmente o grupo de traballo

“Convivencia en Portada”.

¿Que resultados obtivemos? o centro está

estruturado arredor da xestión pacífica dos

conflitos. Ante un problema sábese a onde

acudir e como actuar: tense un protocolo

claro de actuación que a maioría do

claustro asumiu e respecta. O centro gañou

en benestar: o profesorado manifestou

acudir a el máis a gusto, xa non está só

ante o conflito, conta cun grupo moi

importante de compañeiros e compañeiras

que están aí para asesoralo e axudalo;

o alumnado séntese mellor tratado

(as expulsións diminuíron, aínda que non

se eliminaron de todo); as familias

responderon colaborando coa xefatura na

aceptación das sancións reparadoras e

agradecen que a expulsión sexa o último

paso dunha serie de medidas de atención

aos seus fillos e fillas. Os mozos e mozas

senten o centro como seu e éncheno polas

tardes con reunións, obradoiros,

O centro está estruturado arredor

da xestión pacífica dos conflitos.

O centro gañou en benestar:

— O profesorado manifestou acudir

a el máis a gusto.

— O alumnado séntese mellor tratado.

— As familias responderon

colaborando.

— Os mozos e mozas senten o centro

como seu e éncheno polas tardes

con reunións, obradoiros,

actividades, estudos asistidos.

actividades, estudos asistidos, etc. etc.

¿Todo idílico? ¿Desapareceron os conflitos?

Non, o día a día é duro, a realidade é dura;

a escola é un reflexo dela, pero non

sucumbimos ante a problemática social,

soubemos inventar, debater, manternos con

ilusión. E ese é o maior ben que temos,

a nosa idea de que non vale ocultar os

problemas ou queixarse continuamente

deles, senón que hai que organizarse

e empezar a actuar, a ir probando, a ir

consensuando ata conseguir que o centro

teña un fin, un obxectivo e xa nel intentar

non perder nunca o rumbo.

Bibliografía

GÓMEZ ZORRILLA, M. L. (2002)

Contra la exclusión social.

Diseño de investigación para identificar

y conocer los barrios más desfavorecidos. Málaga.

15

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!